A Comisión de Festas de Carreiras, na súa despedida, anuncia un acto para os nenos o domingo.

Publicado por Redacción en

Despídese a Comisión de Festas da Raíña dos Anxos de Carreiras, presidida por Ana Eitor Garido, despois de moitos anos de esforzo e dedicación esperando que outras persoas se fagan cargo do evento.
Quedoulles un pequeno remanente de cartos ná comisión e así para despedirse o domingo día 6 de setembro, entre ás 17 e as 21 horas, serán instalados no Parque do lugar de Carreiras (Pontecesures) uns xogos inchables para disfrute dos rapaces.
Por suposto hai que agradecerlle a estas persoas a seu labor desinteresado durante tanto tempo.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.