2º PLAN DE EMPREGO 2015 DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA NO CONCELLO DE PONTECEUSURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

logo_depo

O Concello de Pontecesures vai solicitar á Deputación de Pontevedra, a través do 2º Plan de emprego 2015 dese organismo, destinado ós concellos da provincia, unha subvención para a contratación de 20 postos de traballo; sendo contratos en horario a tempo parcial (7 horas/dia) durante os meses de novembro e decembro de 2015.

En concreto, a distribución dos 20 postos que este concello vai solicitar, xunto cos códigos do INEM nos que hai que estar inscritos é a seguinte:

NOME POSTO CODIGO CNAE
7 PE?NS DE OBRA P?BLICA 96011029
6 AXUDANTES DE XARDINERÍA 95121019
4 PERSOAL DE LIMPEZA OU LIMPADOR/A EN  XERAL 92101050.
2 TECNICOS PROTECCION CIVIL 59991036
1 ALBANEL 71211015

 

A selección dos candidatos/as será a través do INEM, e se realizará a finais de outubro, unha vez aprobada a subvención primeiro, para posteriormente o INEM remitirnos ós/ás candidatos/as preseleccionados.

Os requisitos dos aspirantes son que non estean percibindo prestacións, ou que estas sexan para garantir o os recursos económicos mínimos de subsistencia (RAI, RISGA, PREPARA, etc).


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.