COMUNICADO DO EQUIPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE PONTECESURES NO DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

8 de marzo

O 19 de marzo de 1911, celébrase, por primera vez, o Día Internacional da Muller (posteriormente engaderase traballadora) en Europa. Ademáis do dereito ó voto, nos mitins levados a cabo esixíase o dereito ó traballo, á capacitación profesional e a non discriminación laboral por razóns de xénero.

Hoxe, 105 anos despois deste primero encontro clave, ¿qué mudou nas reivindicacións? Se con anterioridade a crise a pobreza tiña «cara de muller», ¿cal é a situación despois de case dez anos de destrucción de emprego, recortes sociais e, en consecuencia, perda de poder adquisitivo? O resultado é maior nivel de probeza que afecta, coma sempre, predominantemente ás mulleres.

A taxa de actividade das mulleres situase de media no ano 2015 nun 48,7%; dez puntos menos que a dos homes. Menor participación no mercado de traballo, maior adicación ó traballo non remunerado: coidado de dependentes, situación agravada coas reduccións económicas destinadas ó seu coidado e, por non perder o costume, coidado da casa e da familia.

A taxa de paro femenina situase no 20% das mulleres activas no ano 2015 e, para agravar máis a situación, a meirande parte delas non teñen dereito a ninguna prestación por desemprego.

No caso das mulleres ocupadas, o único que cambia é exactamente iso, que están ocupadas. Dende o ano 2009 o número de mulleres que declaran ingresos á Axencia Tributaria, descendeu un 6%; os ingresos tamén descenderon, de media, 180 euros ó ano. A fenda salarial mantense arredor do 22% de media (4.432 euros/ano), ¿por qué? Sinxelo, a presenza de mulleres nos grupos de menores ingresos salariais anuais inferiores á metade do SMI, representan un 53% frente o 15% de mulleres que ingresan máis de 10 veces o SMI. A estes datos sumémoslle unha continua perda de ocupación entre as mulleres máis novas (menos de 35 anos); o aumento dos postos de traballo a xornada parcial (23% das mulleres); aumento dos contratos temporais (26,8%); o paro afecta ó 20% das mulleres activas e, de estas, un 41,8% levan máis de dous anos nesta situación, ¿cal é a conclusión?

Se a situación laboral da muller xa era precaria antes da crise, ésta non fixo máis que agravala, empeorando as condicións sociais, laborais e salariais. Por iso, dende o equipo de gobemo do Concello de Pontecesures, ratificamos a nosa postura en defensa dos dereitos sociais e laborais de todos os traballadores pero, especialmente, das mulleres porque á vista está que a situación laboral femenina ten, 105 anos despois, un longo camiño por percorrer na procura dunha igualdade real entre homes e mulleres. Por iso, exhortamos, non só ás Administracións Públicas e a empresa privada, senon tamén á sociedade, para que traballe a prol dun recoñecemento da muller en pé de igualdade ó home, sen máis distincións que as meramente obxetivas.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.