Rianxo e Padrón, pobos irmáns máis alá das festas.

Publicado por Redacción en

rianpa

O encontro entre as corporacións de Rianxo e Padrón foi no paseo do Espolón.

Unha pequena escampada fixo onte a tarde en Padrón para que esta vila e a de Rianxo, «pobos irmáns», puideran reencontrarse con motivo do Martes de Pascua, día no que as corporacións políticas de ambos Concellos renovan os lazos de amizade que os unen dende hai tempo.

Así, a corporación padronesa foi esperar a rianxeira ao paseo do Espolón, onde o alcalde anfitrión, Antonio Fernández, e o rianxeiro, Adolfo Muíños, depositaron unha coroa de laurel ante a estatua de Rosalía de Castro, mentres a Banda de Música Municipal de Padrón tocaba o himno galego.

O mesmo fixeron ante o busto de Castelao no Xardín Botánico.

No Concello, no salón de plenos, Adolfo Muíños agradeceu o recibimento que lles brinda Padrón cada Martes de Pascua, «festa irmá» da de Rianxo, a Guadalupe.

O rexedor rianxeiro explicou que, ademais do mercado dominical, a cultura e a gastronomía, hai outro punto de unión entre os dous pobos: a figura de Rosalía de Castro.

Neste senso, Muíños engadiu que Rianxo celebra actividades arredor da escritora e da data do 24 de febreiro, Día de Rosalía. O alcalde rianxeiro apostou por manter o irmanamento entre os dous pobos.

O rexedor padronés, Antonio Fernández, abriu as «portas do concello» aos veciños de Rianxo, no día de onte e durante o resto do ano. E tamén lembrou que a praza de abastos da capital do Sar se abastece de peixe rianxeiro. Antonio Fernández rematou asegurando que «Padrón e Rianxo foron, son e serán sempre vilas irmás». Por iso, os veciños rianxeiros tamén teñen en Padrón «o seu fogar», dixo. O acto rematou coa actuación das respectivas bandas de música.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.