MANIFESTO DO CONCELLO DE PONTECESURES CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

cartel-25nov-pontecesures-1

25 de Novembro

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA  MACHISTA

 

O concello de Pontecesures súmase, un ano máis, xunto aos estados, rexións e entidades locais de todo o mundo, a Conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero; co fin de manifestar o máis enerxético rexeitamento ante calquera tipo de violencia machista, e, así mesmo, renovar o seu compromiso de colaborar e impulsar accións cuxo fin sexa a erradicación da gran lacra social que supón a violencia exercida contra as mulleres, nenas e nenos.

Este tipo de violencia é unha das vulneracións máis graves dos Dereitos Humanos. Nunha sociedade legalmente igualitaria, cun marco xurídico que nos sitúa na vangarda dos países da contorna, as cifras de morte e agresións contra as mulleres, nenas e nenos, seguen sendo abafadoras e, ano tras ano, indican que hoxe, máis que nunca, é preciso incrementar os esforzos e erradicar aquelas actitudes e comportamentos cotiás que perpetúan a desigualdade e que fundamentan a orixe da violencia machista.

A superación deste tipo de manifestacións é moi complexa; pero somos conscientes que se inicia atallando as desigualdades históricas entre homes e mulleres, abordándoas dende un compromiso real, coa implementación de medidas integrais e eficaces que se traducen en políticas preventivas e de intervención dende idades temperás.

Un exemplo deste traballo é a implicación do alumnado do CPI de Pontecesures na campaña «Vacínate contra a violencia machista. ? contaxioso». Onde a través das súas mans, en este punto lila que estades a ver, representaron o seu desexo de participar na construción dunha  sociedade libre e igualitaria.

Mans grandes, pequenas, abertas e pechadas; mans de moitas cores que, recoñecendo a diversidade, se suman hoxe a moitas outras, co fin de unirse para manifestar unha actitude NON pasiva e de condea social ante calquera tipo de violencias de xénero.

Ademais, a  experiencia confirma que canto máis preto estean a administración e a cidadanía, máis eficaces son as medidas de sensibilización, de educación, e/ou de detección precoz, e máis eficaz a resposta de urxencia e o seguimento dos servizos. En suma, mellores resultados se obteñen na loita contra a violencia de xénero.

Conscientes disto, dende as diferentes administracións locais, fóronse implementando normas e plans con medidas específicas que favorecen a igualdade de oportunidades, introducindo, na maioría de casos, a igualdade de xénero como paradigma de progreso.

Sen embargo, a pesar do avance, é preciso seguir traballando. Por iso, o Concello de Pontecesures, comprométese:

  • A incluír a Violencia de Xénero na axenda política como un tema prioritario.
  • A reforzar os esforzos para a implementación de políticas integrais contra a violencia de xénero, deseñadas dende a defensa dos dereitos das mulleres e dirixidos a promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
  • A desenvolver campañas preventivas, especialmente dirixidas á poboación infantil e xuvenil, en colaboración cos axentes educativos.
  • A promover acordos, dende todos os grupos políticos, co fin de articular mecanismos de protección eficaces, así como medidas e medios precisos para loitar contra este tipo de violencia.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.