COMEDOR ESCOLAR NO CPI DE PONTECESURES PARA O CURSO 2018/2019.
? intención do Concello de Pontecesures a posta en marcha do SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR no CPI de Pontecesures para o curso 2018/2019. Este servizo levarase a cabo en colaboración coa Asociación PITUFOLANDIA e desenvolverase no local anexo ao Pavillón Polideportivo Municipal (a carón das instalacións do colexio).
O prezo inicial deste servizo será de 5 ?/día, pero pode baixar segundo o número de usuarios incluso ata os 2,5 ?/día.
Para coñecer o número potencial de usuarios do comedor escolar vaise a elaborar unha listaxe de preinscrición. Polo tanto, a partir do día de hoxe os interesados/as neste servizo poderán preinscribirse nas oficinas do Concello de Pontecesures, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
0 comentarios