O reparto a domicilio xa é unha realidade na zona de Padrón.

Publicado por Redacción en

O estado de alarma polo covid-19 derivou en que moitos negocios tiveran que pechar as suás portas. En cambio, outros pensaron que sería o mellor momento para darse a coñecer. Este é o caso de “O Búho”, unha nova empresa de reparto a domicilio en Padrón, Pontecesures, Valga e arredores.

Detrás disto está Sandara Vargas, unha xoven de 28 anos natural de Colombia, que de nena trasladouse a vivir a un pobo de Castilla La Mancha e fai oito anos chegou a Santiago para estudar Traballo Social. “Hace un año y medio estaba trabajando en Padrón y me fui a vivir allí. Cuando vivía en Santiago tenía a mi disposición Globo o Just Eat para pedir comida a domicilio cuando salía cansada de trabajar, pero en Padrón no era posible. Un día se me ocurrió que podría montar algo por el estilo”, conta a xoven emprendedora. Durante meses estivo pensando en como facelo da mellor maneira. No mes de marzo, coa corentena, pechou temporalmente o local de hostelería no que estaba traballando e un dos seus compañeiros animouna a que sacara a idea ao mercado, tendo en conta de que sería un bo momento para axudar as negocios. “Para hacerme autónoma fue una odisea porque no había manera de ir a una oficina y firmar”, recoñece. Cando o conseguiu falou co local no que traballaba, Pulpería Rial que xa decidira retornar porque se acercaba Semana Santa e tiñan que recuperar todo o que perderan ata o momento. Así, abriron de cara a que a xente poidera ir a recoller a comida ao local ademais de potenciar o reparto a domicilio. “Uno de los socios me dijo que empezara con ellos y así se me dio la oportunidad perfecta. Empezamos a impulsar que se podía llevar el pulpo y los calamares a casa, algo que antes era imposible”, di.

Semanas antes xa comezara tamén a seguir en redes sociais a outros locales de Padrón, Cesures e Valga para dar a coñecer o proxecto. A movilización nas redes foi clave. “La gente utilizaba mucho el móvil y estaba gran parte del día conectado. Rápidamente supieron de la existencia de O Búho”, anuncia.

Co paso dos días máis establecementos de Padrón foron enterándose do proxecto de Sandra e contactaron con ela. “Fui tocando un poco de todo, incluso zapaterías, tiendas de moda o estética. Ahora éstas no requieren tanto este servicio por lo que prácticamente en su totalidad trabajo con locales de hostalería”, destaca.

SIGNIFICADO DE “O BÚHO”. A característica física que a define son os seus grandes ollos. Súa nai cando era pequena chamáballe búho porque era moi desperta e curiosa. “Cuando quise crear un nombre para la empresa se me vino ese a la cabeza. Mi idea era ponerlo en castellano y le metí “O” delante para hacer la mezcla con el gallego”, relata.

PENSANDO NUN FUTURO PRÓXIMO. Xa son uns catro meses traballando na iniciativa polo que Sandra xa decidiu establecer un horario de inverno. “Es una zona en la que llueve mucho y hay bastante distancia entre las áreas”, di. Ela pensa que esta época do ano pode ser incluso máis forte que o verán. Se necesita axuda fala con autónomos para que nos seus ratos libres colaboren con ela. A súa idea principal era crear algo a nivel local. “Si este año sigue manteniéndose así me plantearía aumentar la flota con más empleados y así abarcar otros lugares como pueden ser Milladoiro o Bertamiráns”, confirma.

Cada día chéganlle aos seus oídos bos comentarios. “La gente me dice que está muy agradecida por el servicio”, ao que engade: “Son comprensivos porque saben que no es fácil coger la comida en Padrón, llevarla a Valga y llegar en el momento exacto”.

A clave para a xoven emprendedora está en “ir paso a paso” para ir mellorando e crecendo.

El Correos Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.