Chega a Cesures uha exposición de fotos antigas e actuais do Camiño Portugués.

Publicado por Redacción en

A Plazuela de Pontecesures acolle ata o vindeiro venres 23 de setembro a exposición «Pegadas. Pasado e e presente do Camiño Portugués da Costa» promovida polo Xacobeo e a Xunta de Galicia para dar a coñecer a memoria desta ruta xacobea. Unha mostra que, a través da confrontación de imaxes antigas e fotografías actuais, permite afondar no patrimonio, a historia e a cultura do Camiño Portugués.

O proxecto inclúe fotografías históricas e actuais dos principais municipios polos que discorre o Camiño Portugués da costa. No caso de Pontecesures, este proxecto inclúe imaxes antigas e actuais da ponte sobre o río Ulla, da estación, da rúa José Novo Núñez, vistas panorámicas dende o barrio de San Xulián…..A exposición, que poderá visitarse na Plazuela ata o 23 de setembro, inclúe códigos QR para que os veciños e veciñas poidan visitar a web de Pegadas.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.