𝑨 𝑽𝒂𝒍𝒆𝒅𝒐𝒓𝒂 𝒅𝒐 𝑷𝒐𝒃𝒐 𝒆𝒔𝒊𝒙𝒆 𝒓𝒆𝒔𝒑𝒐𝒔𝒕𝒂𝒔 ó 𝒔𝒆ñ𝒐𝒓 𝑺𝒆𝒂𝒈𝒆 𝒔𝒐𝒃𝒓𝒆 𝒂 𝒔𝒊𝒕𝒖𝒂𝒄𝒊ó𝒏 𝒏𝒂 𝒓ú𝒂 𝑬𝒔𝒕𝒂𝒄𝒊ó𝒏.

Publicado por Redacción en


O vindeiro mes de marzo cumpriranse tres anos dende a primeira vez que o BNG de Pontecesures levou ó pleno do concello de Pontecesures un problema, daquela incipiente, na rúa Estación. Tres anos, durante os cales, nunca deixamos de solicitar ó señor Seage que buscase solucións a un problema, o de acumulación de enseres e lixo na vía pública, que foi agravándose día a día, como se pode apreciar nas fotos.
Ante a pasividade amosado polo equipo de goberno ante esta situación, veciños da rúa Estación acudiron á Valedora do Pobo para trasladarlle o grave problema que viñan padecendo.
As queixas foron estudadas e a Valedora ven de esixir ó señor Seage respostas sobre este tema así como que é o que está facendo (se é que está facendo algo…..) para solucionalo.
Coa súa soberbia habitual, o alcalde adiantou no pleno do pasado luns que non contestará á Valedora ata que atope unha solución que él considere oportuna.
Somos optimistas e, agardamos, que esta chamada de atención vala, polo menos, para mellorar a situación dos veciños afectados.

BNG de Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.