Padrón ofrecerá en cinco dos seus establecementos menús lampreeiros a un prezo de 40 €.

Publicado por Redacción en

Será entre os días 17 e 19 e do 24 ao 26 de marzo nas xornadas dedicadas ao produto

As Xornadas gastronómicas da lamprea desenvolverase nas fins de semana do 17 ao 19 e do 24 ao 26 deste mes de marzo

As Xornadas gastronómicas da lamprea desenvolverase nas fins de semana do 17 ao 19 e do 24 ao 26 deste mes de marzo.

Un ano máis, e xa van nove, Padrón exaltará un dos seus produtos gastronómicos máis sobresaíntes: a lamprea. Esta novena edición das Xornadas gastronómicas da lamprea desenvolverase nas fins de semana do 17 ao 19 e do 24 ao 26 deste mes de marzo e nelas participarán cinco establecementos de restauración da capital do Sar, que ofrecerán os seus menús lampreeiros a un prezo único de corenta euros.

Bar Manolo, A taberna da Matanza, Casa Farrucán, Pulpería Rial, Restaurante O Santiaguiño e Restaurante O Secreto son os locais nos que os amantes da lamprea poderán gozar do seu delicioso sabor, tanto con propostas tradicionais, como a da lamprea á bordalesa, como innovadoras. O menú-degustación inclúe un primeiro prato, un segundo e unha sobremesa. As opcións de cada restaurante pódense consultar na web de Turismo de Padrón e é preciso facer reserva previa chamando directamente ao establecemento.

O Concello de Padrón completa as xornadas cunha serie de actividades nas que a lamprea é a protagonista e que teñen como fin dar a coñecer a historia e as peculiaridades dun manxar que vén celebrándose na zona do río Ulla dende a época romana e que, en toda a Península Ibérica, só se pode atopar en poucas e moi concretas áreas de Galicia.

“Temos a sorte de estar entre un dos poucos lugares nos que se pode gozar deste manxar, polo que nestes días recibimos a xente de toda Galicia e mesmo doutros lugares de España que se achega a Padrón coa única idea de gozar da lamprea. Trátase, ademais, duns visitantes moi fieis”, subliña a concelleira de Turismo, Lorena Couso.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.