O BNG de Pontecesures explica as abstencións no pasado pleno.

Publicado por Redacción en

𝗔𝗯𝘀𝘁𝗶𝘃é𝗺𝗼𝗻𝗼𝘀 (𝗾𝘂𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝘃𝗼𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮) na RECALIFICACIÓN, hai que chamar ás cousas polo seu nome, que o señor Seage e compañía lle concede a Nestlé por dous motivos. Chámanos a atención a facilidade que ten o señor Seage para facilitarlle a vida ás empresas e para complicarlla ós veciños; os expedientes van a velocidade da luz pero non vemos garantía de conservación de toda esa masa verde que se RECALIFICA A INDUSTRIAL, da que, por certo, se vostedes soubesen negociar, poderían desfrutar os veciños .

𝗔𝗯𝘀𝘁𝗶𝘃é𝗺𝗼𝗻𝗼𝘀 (𝗾𝘂𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝘃𝗼𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮) na declaración de interese turístico porque é PURO ELECTORALISMO. O señor Seage, vai a FITUR a promocionar a Festa da Lamprea de ARBO , mentres que en Cesures, o alcalde, Cordo, Villar e compañía devaluaron a Festa da Lamprea, cargándose sistematicamente todo o que se construirá arredor dela durante 25 anos, baleirandoa de contido. Os anos que máis se investiu na festa e que máis público houbo, señor Seage, foi co BNG, que de posar e de fotos non sabe moito pero de TRABALLAR e facer unha festa á altura do que a nosa vila merece, bastante máis que vostedes, que o único que fan é PANTOMINAS con cheiro a rancio.

A𝗯𝘀𝘁𝗶𝘃é𝗺𝗼𝗻𝗼𝘀 (𝗾𝘂𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝘃𝗼𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮) coa obra da Prazuela porque co actual proxecto van vostedes impedir a realización de calquera evento na mesma. O seu propio concelleiro de Obras, señor Cordo, dixo que «estaban estudando medidas para cando se aprobe o proxecto. Senón fora polo dano que fan a Cesures e ós cesureños, sería para rirse.

BNG Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.