Os valgueses poderán facer o día 22 de abril a ruta Mar de Santiago con degustación a bordo.

Publicado por Redacción en

Os interesados poden inscribirse de forma gratuíta no auditorio antes do día 19 

O Concello, a través do proxecto turístico Mar de Santiago, organiza para o vindeiro 22 de abril unha ruta en catamarán polo río Ulla e a ría de Arousa na que poden participar persoas maiores de idade que estean empadroadas en Valga. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 19 de abril no auditorio municipal, en horario de 10 a 14 horas, presencialmente ou por teléfono (986 556 769). Hai 150 prazas dispoñibles a actividade é gratuíta.

A ruta sairá dende a praia fluvial de Vilarello ás 15 horas e celebrarase un showcooking a bordo. Prepararanse dúas tapas que terán entre os seus ingredientes a anguía e a caña do país, con degustación para todos os participantes na actividade.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.