Padrón celebra o mes das letras con itinerarios e espectáculos.

Publicado por Redacción en

A programación iniciase o sábado con paradas teatralizadas pola Ruta Rosaliana // A Fundación Cela abrirase ao público gratis

As visitas teatralizadas polas rúas destacan no programa do Padrón Literario / concello de padrón

As visitas teatralizadas polas rúas destacan no programa do Padrón Literario.

Unha ruta polos lugares que marcaron a vida e obra de Rosalía de Castro fixará este sábado 29 de abril o comezo das actividades de Padrón Literario, a cita que debuxa o mes de maio na capital do Sar e que este ano 2023 permitirá gozar completamente de balde dunha programación que inclúe concertos, espectáculos, talleres ou visitas guiadas, sempre coas miras postas en divulgar e festexar as letras padronesas.

Seguir As pegadas de Rosalía é a proposta da ruta que se desenvolverá este sábado entre visitas teatralizadas e música de zanfona. As inscricións, que poden facerse na web de turismo de Padrón (www.padronturismo.gal/inscricions), inclúen o circuíto en autobús seguindo o itinerario rosaliano establecido na década dos 90 por Avelino Abuín de Tembra a través dos concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón.

Rosalía de Castro volverá ser protagonista de Padrón Literario o mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, e farao por partida dobre. Ao mediodía, co recorrido pola zona vella de Padrón coa visita teatral Camiño branco de Rosalía. As inscricións deben facerse na web www.padronturismo.gal/inscricions. Xa pola tarde, o auditorio da Casa Museo Rosalía de Castro será o escenario dun concerto de Pablo Castaño, que terá entrada libre ata completar aforo.

Tamén acollerá actividades a Fundación Pública Galega Camilo José Cela, en Iria Flavia, que se poderá visitar gratuítamente de luns a venres entre o 11 ao 19 de maio en horario de 10.00 a 14.00 horas.

O xoves 4 de maio ás 20.00 h está prevista a presentación do libro Xardín Botánico Artístico de Padrón, do profesor Carlos Rodríguez Dacal, e o día 13, ás oito da tarde no auditorio, Concerto das Letras Galegas coas corais polifónicas de Padrón, Pontecesures e Zamazáns de Vigo.

Padrón Literario inclúe, por último, dúas propostas da Cultura rula por Padrón: o venres 19 de maio o espectáculo cómico e musical Desconcerto, e o 26 o de narración oral Cacho animalada.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.