A Coral Polifónica de Pontecesures canta hoxe no Mosteiro de Poio.

Publicado por Redacción en

O Mosteiro de Poio, na parroquia de San Xoán, volverá acoller esta fin de semana unha nova edición do Certamen de Corais, unha cita emblemática que chega aos 24 anos de existencia e que está organizada pola Coral de Poio, en colaboración co Concello de Poio e a propia Parroquia de San Xoán.O evento terá lugar este sábado 17 de xuño, a partires das 20.30 horas, no Mosteiro. Nesta ocasión, ademais do colectivo organizador, tamén está prevista a participación da Coral Polifonica Sagrada Familia (A Coruña), a Coral Polifonica de Pontecesures e a Coral Polifonica de Poio. O Goberno local salienta o esforzo e o traballo realizado polos e polas responsables da coral, “un dos colectivos de maior tradición do noso concello”, que desenvolve iniciativas coma esta ou como o Certame de Panxoliñas en Nadal.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.