O BNG de Pontecesures informa sobre as competencias dos seus representantes na corporación.

Publicado por Redacción en

Hoxe tivo lugar o pleno de organización do Concello de Pontecesures, onde se configuraron tódolos aspectos organizativos, as áreas de goberno e distribución das mesmas. Os nosos concelleiros e concelleiras levarán: Maite Tocino, Alcaldesa e á fronte das concellerías de Cultura, Patrimonio e Turismo. Alberto Rivas, 2º Tenente Alcalde e á fronte das concellerías de Educación, Deportes e Mocidade. Jorge Janeiro, á fronte das concellerías de Obras e Urbanismo. Pilar García, á fronte das concellerías de Medio Ambiente e Igualdade.

Temos por diante unha lexislatura para traballar ben tódolos aspectos da vida municipal, atendendo as necesidades da veciñanza e dotando a esta vila dos servizos que precisa e merece.

BNG Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.