A potencialidade agrícola do compost natural comeza a dar froitos en Valga.

Publicado por Redacción en

Un estudo promovido polo Concello e a Misión Biolóxica de Galicia busca poñer en valor o compost urbano.

Participante no estudo xunto a un cultivo de tomates. DP
Participante no estudo xunto a un cultivo de tomates.

O obxectivo é avanzar cara un sistema produtivo máis sostible e con menor impacto no medio ambiente, demostrando que o compost natural non ten repercusións negativas sobre os cultivos e o solo, de maneira que poda chegar a comercializarse e a empregarse en plantacións agrícolas de forma regular.

Para realizar o estudo elixíronse catro cultivos por ser representativos da horticultura da zona. Nestas semanas, cunha periodicidade semanal, estase a recoller a colleita de tomates, buscando analizar o número de pezas, o seu peso, aspecto e valor comercial, así como a aparición de froitos enfermos ou defectuosos.https://9a84156a8993e7e8ccc467d906e3f9d2.safeframe.googlesyndication.com/safeframe/1-0-40/html/container.html

Con anterioridade tivo lugar a recolleita de leitugas, cuxo análise realizouse de maneira que retirouse un número determinado de follas en función do tamaño das cabezas que se enviaron aos laboratorios do CSIC para deshidratalas e analizalas. A seguinte especie en dar froitos será a xudía e, por último, farase a colleita de trigo.

Estes ensaios repetiranse no ano 2024 e os datos obtidos aparecerán nun informe publicado nunha revista especializada.

Diario de Pontevedra

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.