Aviso da Policía Local de Pontecesures. INTENTO DE ESTAFA.

A Policía Local de Pontecesures alerta aos establecementos da localidade dun intento de estafa. Trátase dunha muller que visita aos comercios solicitando colaboración económica para o alumbrado navideño.
Nin o Concello de Pontecesures nin a Asociación de Comerciantes están levando a cabo este tipo de campaña.
Pregamos que si reciben a visita desta persoa, póñanse en contacto coa policía local ou a Guardia Civil.

CURSO DE EDICI?N DE PÁXINAS WEB EN PONTECESURES.

 

LOGO activate 2013
Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2013 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de ELABORACI?N DE PÁXINAS WEB. O curso está destinado a mozos/as con idade entre 16 e 35 anos (ambos inclusive) e desenvolveráse segundo o seguinte cadro:

CURSO

ELABORACI?N DE PÁXINAS WEB

LUGAR

Aula T.I.C. do semisoto da Casa do Concello

HORARIO

Venres de 16:30 a 20:30 horas

INICIO

Venres 13/12/2013

FIN

Venres 14/02/2014

DÍAS

DECEMBRO (12H): 13, 20, 27
XANEIRO (20H): 3, 10, 17, 24, 31

FEBREIRO (8H): 7, 14

Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude  acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo de inscrición é dende o 29 de novembro ata o 11 de decembro.

NOTA: Os que xa están inscritos non teñen que volver a facelo.

MANIFESTO DO CONCELLO DE PONTECESURES POLO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE X?NERO

 

O Concello de Pontecesures, en representación de toda a súa veciñanza, condena nesta declaración calquera tipo de violencia contra a muller, sen admitir ningún tipo de xustificación e expresando a maior das repulsas.

A violencia de xénero é unha lacra mundial. Un atentado contra os dereitos humanos e a dignidade das persoas, que impide á sociedade avanzar polo camiño do progreso social e o benestar.

A loita contra a violencia de xénero non entende de recortes. A loita contra a violencia de xénero supón un dos obxectivos que todo Goberno debe ter como prioritario e fundamental á hora de deseñar as súas políticas, impulsando leis e políticas activas en prol da igualdade e contra todo tipo de discriminación.

Porque a erradicación desta violencia, tanto física como sicolóxica, rematará cunha das máis duras e graves lacras da sociedade actual: a da violencia que exerce o home sobre a muller e, en moitos casos, sobre as e os seus fillos. Unha discriminación que na súa máxima expresión violenta chega a provocar a morte da muller a mans da súa parella ou ex parella.

Merece especial mención polo seu impacto na loita contra a violencia de xénero é o da prevención. Activar e desenvolver políticas dirixidas a evitar este tipo de violencia, sobre todo naqueles ámbitos nos que existe unha maior vulnerabilidade como a mocidade ??os datos falan dun alarmante incremento da violencia nas etapas da adolescencia e da etapa universitaria- ou o entorno rural, debe converterse nun obxectivo prioritario á hora de poñer freo a uns datos arrepiantes.

A loita contra a violencia de xénero é unha tarefa común. Só a través dunha responsabilidade compartida entre a cidadanía e os poderes públicos, poderemos erradicar definitivamente esta terrible lacra social.

Por todo elo:

Desde o Concello de Pontecesures asumimos o compromiso de loitar contra todo tipo de violencia, denunciando as agresións, apoiando ás vítimas, sen calar ante a violencia e sementando nas xeracións futuras o respeito entre homes e mulleres.

Co desexo de que no futuro no haxa motivo algún para conmemorar o día 25 de novembro como o Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero, asinamos este Manifesto, facendo constar o noso compromiso social con esta loita contra calquera acto que atente contra a integridade e a dignidade da muller.