ENTROIDO 2014 PONTECESURES.

CARTEL entroido 2014web

 

O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o domingo 2 de marzo de 2014.  As 16.30 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h. o Desfile de Entroido, que pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela.

O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes.  O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.

En caso de choiva o Desfile e Concurso de Entroido trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes.

Bases:

As inscricións de grupos poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 28 de febreiro nas Oficinas do Concello.  O resto de participantes poderá anotarse tamén no mesmo día do concurso, das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. péchase o prazo de inscrición.

Este ano o Concello de Pontecesures repartirá un total de 1.290 ? en premios. O grupo ou comparsa gañadora levará un premio de 400 ?.

No seguinte enlace pódense descargar as bases e formulario de inscrición para o ENTROIDO 2014 de Pontecesures:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=582

 

 

A DXT dará unha charla sobre seguridade vial en Pontecesures.

CartelSeguridad vial colorREDUX

Dentro dunha campaña de ámbito autonómico, técnicos da Dirección General de Tráfico (DGT) impartirán unha charla sobre seguridade viaria na Casa do Concello de Pontecesures. A iniciativa está destinada a informar á veciñanza sobre normas e consellos para que os peóns circulen con seguridade, con especial atención ás persoas maiores.

A actividade conta coa colaboración do Concello e a entrada á charla, que se celebrará o mércores 29 de xaneiro ás 7  da tarde, é  libre e de balde. Os asistentes recibirán un chaleco reflectante de agasallo para que empreguen, sobre todo, en paseos nocturnos, co obxectivo de evitar os atropelos.

Os Concellos de Catoira e Pontecesures animan aos fumadores a inscribirse nun obradoiro para abandonar a súa adicción.

cartel deixar de fumarREDUX

 

Os Concellos de Catoira e Pontecesures lembran que está aberto o prazo de inscrición nun obradoiro para deixar de fumar organizado polo seu respectivo Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias. En Catoira celebrarase no Edificio Multiusos e en Pontecesures no Club Xuvenil (a carón da Biblioteca Municipal). Lémbrase que o tabaquismo é a primeira causa de mortalidade evitable no estado español. Ocasiona anualmente uns 55.000 falecementos en España, o 16% do total nas persoas maiores de 35 anos. Actualmente, a taxa de mortalidade dos fumadores triplica á dos non fumadores, o que fai que un 30 a 35% dos primeiros falezan antes de cumprir os 65 anos. Con iso a súa vida redúcese nuns 10 a 15 anos.

O tratamento que se utilizará nas sesións baséase no método de redución gradual de nicotina, que permite controlar a dependencia física e psicolóxica que provoca o tabaquismo sen sufrir ningún síntoma do síndrome de abstinencia que provoca a deprivación da nicotina. As sesións serán de unha a semana durante as 5 primeiras semanas e logo espazadas cada 15 días durante dous meses máis.

O obradoiro comezará a impartirse no mes de marzo. En función da demanda, organizaranse grupos de mañá ou de tarde, cun límite de 15 prazas por grupo.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro deberán inscribirse no concello de Catoira no teléfono 986546014 e en Pontecesures no 986564410 ou por correo electrónico enviando os datos persoais e de contacto a concello.catoira@eidolocal.es ou xuventude@pontecesures.org

Esta actividade ten unha cota de inscrición de 10 euros.