ENTROIDO 2014 PONTECESURES.
O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o domingo 2 de marzo de 2014.  As 16.30 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h. o Desfile de Entroido, que pasará pola rúa San Lois, TravesÃa da Estación, rúa RosalÃa de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela.
O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes.  O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saÃda ós participantes.
En caso de choiva o Desfile e Concurso de Entroido trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes.
Bases:
As inscricións de grupos poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 28 de febreiro nas Oficinas do Concello.  O resto de participantes poderá anotarse tamén no mesmo dÃa do concurso, das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. péchase o prazo de inscrición.
Este ano o Concello de Pontecesures repartirá un total de 1.290 � en premios. O grupo ou comparsa gañadora levará un premio de 400 �.
No seguinte enlace pódense descargar as bases e formulario de inscrición para o ENTROIDO 2014 de Pontecesures:
http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=582
0 comentarios