Nota sobre as aclaracións do PP sobre a Mesa Local de Comercio.

Dende o goberno municipal de Pontecesures queremos facer as seguintes aclaracións:

O PP de Pontecesures volve a deixar en evidencia de que non se entera de nada.

-As reunións da mesa local de comercio son de carácter anual. Non estaba fora de ningún prazo, senón dentro do ano correspondente. Non se celebrou antes porque estivemos esperando a que os representantes, tanto da Xunta como da Asociación de consumidoras, puideran asistir.

-Clandestinidade. Gustaríanos que nos explicasen a que se refiren. Xa que nunha reunión á que están convocados representantes da Xunta, dunha asociación de Consumidoras de Vilagarcía, dos comerciantes de Pontecesures e goberno resulta tan numerosa, que non se pode cualificar como clandestina.

-Toda a información referente a este tema está a súa disposición no Concello.

-Respecto ós postos da Praza de Abastos informámoslle que nos vindeiros días vaise a adxudicar un deles e hai propostas sobre a mesa para outros dous.

Os deberes do goberno municipal están feitos. Convocouse a mesa no seu tempo e forma. Sigue a traballar nas propostas expostas, coma a de revitalizar a praza de abastos, e mandouse a acta correspondente a Xunta de Galicia.

O que lle pedimos o PP de Pontecesures e que se informe antes de facer unha nota onde volven a enganar a cidadanía. Facer oposición sen información chámase manipulación.

Xa estamos a comprobar  nas noticias dos últimos días, que respecto a manipulación, como noutras malas artes, son verdadeiros expertos.

O CONCELLO DE PONTECESURES CONTARÁ CON 2 DOS 195 BOLSEIROS TITULADOS UNIVERSITARIOS QUE A DEPUTACI?N PROVINCIAL CONTRATARÁ PARA A PRESTACI?N DE SERVIZOS MUNICIPAIS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA.

 

  •  1 bolsa para diplomados en administración e dirección de empresas (C114).
  • 1 bolsa para graduados e diplomados en relacións laborais e licenciados e graduados en dereito (C115).

REQUISITOS

  1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Posuír o título de licenciado, graduado ou diplomado nas áreas de coñecementos relacionadas no Anexo I para cada concello da provincia na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 31 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
  5. Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector público.
  6. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polo grupo 1 ou 2 de cotización.
  7. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.
  8. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.
  9. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

PRAZO DE PRESENTACION DA DOCUMENTACION: 25 XANEIRO ULTIMO DIA.

MAIS INFORMACION EN :

www.depontevedra.es

OU NA OFICINA DO AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

 

Programa de termalismo social do Imserso 2013.

balneario

Persoas beneficiarias e requisitos:

– Pensionistas do sistema da Seguridade Social  e ter cumpridos os 60 anos de idade.

– Non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia,  nin enfermidade  infecto -contaxiosa.

– Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.

– Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

– Acadar de conformidade coa valoración establecida a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

 

Beneficios do Programa:

As quendas terán unha duración de 12 ou de 10 días cada unha comprendendo os seguintes servizos: Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido; Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final; e Póliza colectiva de seguro.

 

Documentación:

Solicitude, na que se cubrirán todos os datos requiridos, tanto da/o solicitante como da/o cónxuxe ou acompañante cando proceda.

– Fotocopia do DNI da/o solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede

– Tipo e importe exacto da pensión mensual.

 

Prazos de Solicitude:

– ata o 16 de xaneiro para as quendas de febreiro a agosto.

– ata o 16 de maio para as quendas de setembro a decembro.

As persoas que, reunindo os requisitos, presentaron solicitude en 2012 recibirán os impresos no seu domicilio para o trámite simplificado e renovar a súa solicitude.

Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, martes e venres de 9 a 13:30 horas.