Curso do Programa Xuventude Actívate 2012 en Pontecesures.

Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2012 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de DESE?O, PLANIFICACI?N E DESENROLO DE ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO DE  LECER. O curso desenvolveráse nos meses de outubro e novembro na aula do semisoto da Casa do Concello. Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures e ter entre 16 e 35 anos (ambos inclusive).

Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude  acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo para inscribirse é dende o 1 ata o 20 de setembro.

No seguinte enlace pódese descargar a ficha de inscrición:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=389

 

Ruta de sendeirismo «Ollando O Ullán».

Ruta que discorre por diversos lugares de Pontecesures, inclue as subidas polas ladeiras dos montes Castro Valente e Salgueiras pasando polos Petroglifos de Campo Redondo e polo Mirador da Galiñeira.

Esta ruta está programada para o domingo 2 de setembro dentro do Programa GOZA DO ULLA que inclue outras rutas por concellos que están bañados polo río Ulla.

A duración estimada desta ruta é de 5 horas. Inscricións para o 2 de setembro no teléfono 986 564 410 ou no mail xuventude@pontecesures.org

Prazo de inscrición ata o 31 de agosto. Lugar e horario de saída: Na Plazuela ás 9.00 horas.

Información completa do Programa GOZA DO ULLA con tódalas rutas neste enlace:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=382

 

Pontecesures recolle tapóns para Pablo.

A entrega pode facerse en instalacións municipais e establecementos adheridos

O Concello de Pontecesures forma parte a rede de recollida e tapóns e apoio á familia de Pablo González Castelao, un neno de 11 anos de Pazos (Padrón), que padece distrofia muscular tipo Duchenne ??unha enfermidade dexenerativa sen cura??, ademais de osteoporose avanzada.

O obxectivo da campaña é recoller tapóns de plástico para a súa reciclaxe, como xa se fixo noutras convocatorias, para adquirir unha cadeira de rodas eléctrica, unha grúa e un baño adaptado para levar unha vida mellor. O custo elévase a 30.000 ?, unha cantidade que a familia non pode afrontar.

Con este fin, habilitaranse puntos de recollida na Casa do Concello, colexio, escola infantil, Praza de Abastos e en todos aqueles establecementos da vila que o soliciten.

 

 

Taller de cócteles sen alcohol na piscina municipal.

Despois do éxito obtivo nesta actividade realizada o pasado 27 de xullo, o Concello de Pontecesures vai organizar novamente na piscina municipal outro TALLER DE C?CTELES EN ALCOHOL baixo a denominación «DANCE IN REMOLLO».

O venres 10 de agosto dende ás nove ata as doce da noite.

Entrada 3 ?.

Acceso para maiores de 12 anos.

Haberá musica en vivo a cargo do DJ PICHU.

 

Baixada de rafting no río Ulla.

O día 22 de agosto (mércores) o Concello de Pontecesures organiza unha baixada de RAFTING polo río Ulla durante toda a xornada destinada a rapaces/as de 10 a 14 anos. Esta actividade é coorganizada polos concellos de Valga, Cuntis, Pontecesures, Poio e Vilanova de Arousa para un total de 50 rapaces/as (10 por cada concello). Durante esta xornada de rafting o grupo baixará pola mañá dende herbón ata o peirao de Pontecesures e pola tarde dende Pontecesures ata a praia fluvial de Vilarello en Valga.

PRAZAS LIMITADAS: 10 POR CADA CONCELLO

As prazas para esta actividade concederánse por orde de inscrición pero tendo en conta que se dará prioridade aos rapaces/as que non participaron no intercambio xuvenil AMIGOS DO MAR E A MONTA?A nos anos 2010 e 2011.

O prazo para a solicitude de prazas para esta actividade é dende o 7 ata o 17 de agosto, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación (co programa de actividades completo) na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello (teléf. 986 564 410).

Mais información e descarga de documentación e follas de inscrición no seguinte enlace:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=385

Rosario Lestido Gerpe e Antonio Bernal González, contratados como auxiliares de xardinería

Despois da entrevista realizada esta mañán, o tribunal realizou as cualificacións. Rosario Lestido Gerpe (9,60) e Antonio Bernal González (9,5o) foron os auxiliares de xardinería seleccionados.
Son  contratados por cinco meses en xornadas de 6 horas dentro dos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia. Empezarán a traballar o día 1 de agosto.