O PSOE de Pontecesures levará ao pleno unha proposta para arranxar a estrada PO-214.

O PSOE de Pontecesures levará ao próximo pleno unha proposta para que o Concello inste a Xunta a tomar medidas para reducir o perigo da estrada PO-214 A Estrada-Ponteulla.O firme deste vial presenta un gran deterioro que non só afecta á capa de rodaxe superficial. Fochas, fochancas, badenes e gretas alcanzan ás capas de compactación. Estes aumentan o perigo, xa alto de seu polo trazado sinuoso.Os socialistas piden que se actúe de inmediato sobre a capa de rodaxe e as cunetas e que no 2017 habilítese orzamento para o ensanche e a corrección do trazado das curvas.

proposta

PSOE de Pontecesures

José Miguéns estrea o seu palmarés internacional cun bronce europeo.

mig

O Kennel Den de Catoira retornou esta fin de semana da localidade inglesa de Therford cos seus cinco deportistas na selección española de mushing cumprindo as expectativas no Campionato de Europa IFSS. Co pontecesureño José Miguéns colgándose a medalla de bronce na modalidade de canicrós júnior. Unha proba na que, certo é, tan só participaron finalmente tres competidores, e co galego, debutante no panorama internacional na que inda é a súa segunda tempada coma canicrosser, moi lonxe do británico Rowan Saxto e do sueco Jonas Näslund, subcampión en 32.24 e campión en 31.51, respectivamente. Miguéns, pola súa banda, cubríu as dúas mangas cronometradas en 33.10 facendo parella con Sultán.

Polo que respecta ao resto dos internacionais do Kennel Den, a súa presidenta, a catoirense Mónica Touriño, protagonizou a súa mellor actuación internacional cun cuarto posto en canicrós feminino sénior, cuarta con Nepal cun crono de 31.29.36, polos 31.00.51 da alemana Viola Hummel, bronce. As checas Martina Stepankova (28.04.45) e Katerina Bluchova (30.29.89) fixéronse co ouro e coa prata.

Publicidad

?scar Piñeiro e Argos remataron quintos en canicrós sénior, Kiko Martínez e Polo décimos en veterán, e decimoitavos en bikejoring Noelia Piñeiro e Gala.

LA Voz de Galicia

O CONCELLO DE PONTECESURES ABRE O PRAZO PARA A COLABORACI?N / PARTICIPACI?N NA CABALGATA DE REIS.

reyes-magos-de-oriente11

O Concello de Pontecesures invita a participación de todos, nenos e maiores, na Cabalgata de Reis. Os interesados en participar poden incribirse nas oficinas do Concello ata día 2 de xaneiro.  A Cabagata de Reis será o xoves 5 de xaneiro, sendo o lugar de reunión dos participantes nave de obras do concello ás 16.30 horas (saída da cabalgata ás 17.30 horas).

A distribución e reparto da roupa para o desfile será nos días 2 e 3 de xaneiro pola mañán na nave de obras do concello.

Así mesmo, tamén aquelas persoas e/ou asociacións que queiran colaborar na organización desta actividade (elaboración de carrozas, etc?)  poden pasar polo concello para tratar este asunto coa concellería correspondente.