Por todos é sabido o total abandono que sufre a aldea da Ponte no concello de Padrón. Desta volta, e tralo incidente da porta do centro social, tócalle ás papeleiras da praza nova da Ponte.
Estas papeleiras levan cheas de lixo case un mes, sen que ninguén as baleire. Poderíamos limpalas calquera veciño, pero como estamos pagando un imposto para esto IGUAL QUE OS VECI?OS DA PROPIA VILA, entendemos que as deberían limpar os servicios de recollida do concello, ou como parece ser que hai unha persoa na aldea encargada deso….pois esta señora.
Para que vexades que non digo ningunha mentira, poño fotos de unha das papeleiras ó longo destes días(poñendo o rato enriba da foto sen clicar sae a data):
O pasado día 03/04/2008 o grupo municipal do BNG, a través do seu representante no Concello de Padrón, Xoan Santaló, presentou un escrito solicitando que se proceda ó baleirado das papeleiras e que se estableza un calendario de retirada axeitado para que non se repita esta situación.
A ver canto tempo tardan en reaccionar….e ídevos preparando, veciños, que a saber que nos prohibirán agora(lembrádevos de aquel centro social que había na Ponte e que aínda que non estivese adecuado para o seu uso algúns veciños facíanse valer del para algunha que outra actividade……..e que agora está…un pouco máis se cabe… morto). Imos ter que pedir permisos por escrito no concello para que os nosos fillos, irmáns, sobriños e incluso nós, poidamos usar a Praza, para xogar, facer festas, reunirse…
E si por casualidade a nova sae no xornal….puff.