«A lamprea ten un sabor sorprendente para quen a proba por vez primeira»

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Xosé LOIS LADRA Pregoeiro da Festa da Lamprea de Cesures

O seu traballo A pesca fluvial tradicional en Galicia. Caneiros, pescos e pesquerías gañou o último Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e en Pontecesures pensaron que quen mellor ca el para pregoar as marabillas da «princesa do Ulla».
-¿Probaría a lamprea non?
-Tiven o pracer de degustala en varias ocasións. O certo é que ten un sabor moi peculiar, diferente e sorprendente para quen a proba por vez primeira. Gústame bastante, especialmente guisada á bordelesa. Por desgraza aínda non comín empanada de lamprea, algo polo que teño curiosidade.
-¿? tan fero como semella?
-Xa di o refrán que «A lamprea ten a boca fea», aínda que a min non me anoxa en absoluto o seu feitío. Trátase dun auténtico fósil vivinte e o certo é que os galegos temos unha moi longa tradición na pesca e na degustación de lampreas. Coido que a lamprea nen é tan fea nen tan fera como a pintan. O que acontece é que para moita xente é unha grande descoñecida, e, xa se sabe, non se pode amar aquilo que se descoñece.
-¿Como ve o futuro desta pesca?
-O futuro da pesca da lamprea en Galicia é algo moi difícil de vaticinar. A maioría dos pescadores din case sempre que cada ano hai menos capturas, pero eu penso que isto é cuestión de ciclos, con boas e malas tempadas. A polución dos ríos, os encoros, as minicentrais e o cambio climático están a incidir negativamente sobre esta e outras moitas especies migratorias. Coido que se deben adoptar medidas medioambientais destinadas a garantir o futuro da lamprea nos ríos.

LA VOZ DE GALICIA, 03/04/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.