Rematou o prazo de presentación de candidaturas para estas eleccións onde serán elixidos os tres representantes do persoal laboral do concello para os próximos catro anos.
As candidaturas son as seguintes:
CCOO (Xurxo Gerpe Jamardo, Franciso Freiría Oliveira e Elías Sanmarco Enrique).
UXT (Eduardo Enrique Bóveda, José F. Rodríguez Fructuoso e Alvaro Constantino Espiño).
CIG (Mª Teresa Gil García, Manuela González Vázquez e José M. Moreiras Eitor)
O sindicato CC.OO solicitou que fora colocada unha urna e unha cabina para as votacións como garantía do proceso.