Enviada a guía turística ás vivendas dos cesureños.

No día de hoxe comezou a chegar aos fogares a guía turística xunto co seguinte escrito do alcalde:

«Estimado/a veciño/a

O Concello acaba de editar unha guía turística para a promoción do noso pobo, tanto a nivel galego como no exterior. Envíoche un ezemplar desta guía, fundamentalmente gráfica, para que coñezas de primeira man a imaxe que do noso pobo queremos proxectar agardando que esta publicación sexa do teu agrado.

Tamén pensando que o uso das novas tecnoloxías hoxe é imprescindible para calquera ámbito da nosa vila, lémbroche que dende fai poucas semanas está á túa disposición a páxina web oficial do Concello de Pontecesures www.pontecesures.org que nace como un instrumento que pode axudar a comunicar e facilitar calquera consulta que precises do noso concello. Nesta páxina os veciños poderán consultar diferentes contidos dende información de trámites municipais, fotografías da nosa vila ata a consulta gráfica do Plan Xeral de Ordenación Urbana; por poñer algúns exemplos.

Sen máis recibe un cordial saúdo.

Pontecesures, 2 de maio de 2007
Asdo.; Manuel Luis Alvarez Angueira
Alcalde de Pontecesures»

BALONCESTO: PARTIDO DE IDA DE CUARTOS DE FINAL DA COPA SENIOR

EXTRUGASA RIO ULLA = 67

Gulli (3), Peñaño (10), Pedrito (-), Diego (7), Pepe (14), Feli (10),

Cachote (-), Santi (8), Arturo (11), Chorén (4).

BASKET DEZA de LALÍN = 49

Partido correspondente á eliminatoria de cuartos de final da copa Arousana Senior de baloncesto. Partido de Ida. O vindeiro Domingo 13 disputarase a volta en Lalín.

O partido empezou igualado, incluso cas primeiras diferencias no marcador para os de Lalín (min 5: 5 ?? 9) debido ós fallos en ataque do Extrugasa, con bos tiros que non entraban e varios contraataques errados, e por outro lado a defensa individual que permitía anotar ós de Lalín. Foi Pepi o que anotando 6 puntos ante do final do primeiro cuarto, mais un cambio na defensa do Extrugasa a zona 3 ?? 2 permitiu igualar o marcador a 16 ó remate deste 1º cuarto.

O 2º cuarto permitiu ó Extrugasa empezar a coller as primeiras rentas de 5-6 puntos, logo de varios contraataques entre Gulli e Feli, así como de aparecer a anotación no xogo interior local con puntos de Arturo e Santi. ? descanso o Extrugasa gañaba por 8: 35 ?? 27.

No 3º cuarto os locais desaproveiraron a oportunidade de romper o partido, permitindo que durante o cuarto as diferencias se mantivesen en torno ós 7 ?? 10 puntos. Ningún dos 2 equipos estivo especialmente acertado sendo o parcial do cuarto de 10 ?? 8. Resultado neses momentos: 45 ?? 35.

Foi no derradeiro cuarto do partido, cun novo cambio en defensa, esta vez a zona 2 ?? 3, o que lle dou o control do rebote en defensa, e a base de velocidade, como o Extrugasa elevou a diferencia no marcador. Ampliándose esta a 18 puntos ó remate do encontro. 67 ?? 49.

Diferencia importante para o partido de volta, onde non debería de ter problemas o Extrugasa, sabendo xogar con ese marxen de puntos de diferencia.

El camino hacia Galiñeiro.

El candidato socialista Luis Sabariz denunció que desde las inundaciones de otoño pasado el vial de acceso que va desde el cementerio hasta la zona de Galiñeiro «está en condiciones deficientes, apreciándose aún la presencia de piedras sobre el asfalto que fueron arrastradas por la fuerza del agua, y además el asfalto cedió en algunos tramos dejando huecos cerca de las cunetas sin que existan señales que adviertan del riesgo». Luis Sabariz cree increíble que transcurridos seis meses «aún no se hiciera nada para corregir los daños», algo que achaca una vez más a la desidia del alcalde».

FARO DE VIGO, 06/05/07

Resultados obtidos polos palistas do Nautico de Pontecesures na Regata de Tui. Puntuable para a XV Copa de España de Ascensos, Descensos e Travesías.

escudo-club-nautico.png

 O pasado 6 de Maio celebrouse en Tui a primeira regata de ríos de carácter nacional, puntuable para a XV Copa de España de Ascensos, Descensos e Travesías; e para a XX Copa Xunta.

Os resultados obtidos polos  palistas do Náutico de Pontecesures foron os seguintes:

Final 12.000 m – Home Senior C-2

Javier Bouzas e Marcos Barreiro – Posto 7

Final 12.000 m – Home Xuvenil C-2

Christian Barreiro e Pablo Riaño – Posto 10

Final 12.000 m – Home Cadete C-2

Lorenzo Riveiro e Adrián Vicente – Posto 4

Final 12.000 m – Home Senior C-1

Marcos Pesado – Posto 16

Final 12.000 m – Home Xuvenil C-1

Javier Bernal – Posto 13

Final 12.000 m – Home Cadete C-1

Álvaro Loureiro – Posto 3

Clasificación Xerál por Clubes – Posto 19 de 59 clubes presentados.

Sabariz denuncia que sin comedor escolar Pontecesures pierde alumnos.

Luis Sabariz Rolán, candidato a la alcaldía de Pontecesures por el PSOE, sigue desgranando su programa electoral e incluye en él una firme apuesta por la creación del comedor escolar, convencido de carecer de este servicio acarrea una pérdida de alumnado en beneficio de concellos vecinos.
Asegura que en el de Valga «tienen comedor escolar, y eso hace que muchios alumnos cesureños se matriculen allí, lo cual constituye para nosotros un claro riesgo, pues puede traducirse en la pérdida de unidades y de profesorado, con todo cuanto eso conlleva».
En la misma línea defiende una mejora del transporte escolar, al tiempo que reivindica otras mejoras que pueden considerarse de índole menos, pero que cree igualmente importantes.

(más…)

Campamentos de verán na Lanzada

O concello de Pontecesures e a Deputación de Pontevedra ofrecen un campamento de verán para nenos e nenas de Pontecesures nados entre os anos 1994 e 1999 de 7 días de duración.

As datas de este campamento son:

# Do 1 ao 7 de xullo
# Do 8 ao 14 de xullo
# Do 16 ao 22 de xullo
# Do 24 ao 30 de xullo
# Do 1 ao 7 de agosto
# Do 8 ao 14 de agosto
# Do 16 ao 22 de agosto
# Do 24 ao 30 de agosto

As solicitudes deben presentarse ata o 14 de maio no Concello (as prazas serán adxudicadas pola Deputación Provincial).

O prezo será 66 ? (sen subvención). Existen 20 prazas subvencionadas entre o 50% e o 80%, para unidades familiares que non superen os límites económicos establecidos.

Para más información: Web do concello «pontecesures.org»:http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=13