Comienzan las obras de reparación de la marquesina de la Estación de FFCC de Pontecesures.

En el día de ayer comenzaron las obras de reparación de la marquesina principal de la estación de Pontecesures cuyo techo está en condiciones lamentable filtrando agua continuamente con notable perjucio para las uisuarios de las instalaciones ferroviarias. Estas obras fueron anunciadas por ADIF hace días después de las quejas trasladadas al organismo en numerosas ocasiones.

Esperemos que se pongan a partir de ahora todos los medios para mantener el edifcio de la estación y los andenes en las mejores condiciones. Por ejemplo la marquesina del andén segundo está destarladada cayéndose a trozos y precisa una actuación urgente.

Luis Ángel Sabariz Rolán

MANIFESTO DO CONCELLO DE PONTECESURES: 25 DE NOVEMBRO.

O Concello de Pontecesures, con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero que se conmemora o día 25 de novembro, quere amosar o seu firme compromiso contra a  violencia de xénero, a manifestación máis cruel e inhumana da desigualdade existente entre mulleres e homes no mundo.

A eliminación da violencia contra as mulleres é un reto de toda a sociedade, unha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación, colaboración e cooperación, sempre desde o respecto ao réxime de distribución competencial en todas as accións que se desenvolvan, posto que o traballo que se realiza para conseguir a súa erradicación implica a multitude de axentes, tanto desde o sector público como desde o privado.

Para iso, necesítase un consenso institucional, político e social que mostre, sen fisuras, o compromiso de todas as institucións coa sociedade galega para alcanzar os acordos que permitan avanzar na erradicación da violencia contra as mulleres.

Combater calquera forma de violencia de xénero: violencia física, violencia  psicolóxica, violencia económica, violencia sexual, abusos  sexuais, acoso sexual e a trata de mulleres e nenas explotadas  sexualmente, debe ser unha cuestión de Estado, xa que a violencia contra a muller constitúe unha violación dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais.

Así o esixe a sociedade no seu conxunto xa que, nesta materia, só se conseguen avances se hai un compromiso de todos os sectores políticos e sociais para poñer na axenda, como un asunto prioritario, a loita contra todas as formas de violencia cara ás mulleres, conscientes de que se trata dunha cuestión que nos afecta como sociedade e como país e da que depende o futuro da nosa convivencia.

É unha tarefa que require unha actuación unitaria de todas as forzas políticas e da cidadanía, polo que é necesario seguir traballando na senda da máxima coordinación, colaboración e cooperación entre todos e todas e seguir concienciando á sociedade da necesidade de rematar con esta lacra para entre todos erradicar completamente a violencia de xénero.

Nos últimos anos tense producido notables avances neste eido, pero hai que seguir traballando e acabar con calquera forma de violencia exercida contra a muller coa posta en marcha de leis e medidas para combatela. Entre estas medidas xa postas en marcha, están  a aprobación da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, a Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que supuxo un gran avance na unión de partidos políticos, administracións, institucións e organizacións na formulación de medidas para a erradicación da violencia de xénero.

A concienciación social foi e é esencial para erradicar o problema, por  iso a necesidade de alcanzar acordos.

Esta é unha responsabilidade conxunta e por tanto, a solución debe ser compartida.

Agradecemos a solidariedade de todas esas persoas anónimas que mostran as súas condolencias e acompañan os minutos de silencio e fixamos a mirada en quen, ademais, esfórzanse por debilitar a multitude de microviolencias invisibles e sistemáticas que sustentan relacións baseadas no trato desigual.

Reafirmamos o noso compromiso cos dereitos fundamentais da infancia e poñemos de manifesto, novamente, a nosa repulsa e preocupación polo aumento de menores asasinados a mans dos seus pais como instrumento de control e de poder sobre as mulleres.

Comprometémonos a implementar todas as medidas de coordinación interadministrativa para protexer , defender e liberar ás mulleres e menores vítimas da violencia de xénero.