O luns día 3 de decembro, ás 20,30 horas, pleno extraordinario e urxente.

Celebrarase no Salón de Sesión do Concello de Pontecesures, coa seguinte Orde do Día:

1-Ratificación da urxencia da sesión.
2-Programa opoerativo rexional de Galicia de axudas FEDER dentro do EIXE 5 «Dexenvolvemento local e urbano».
3-Proxectos que fomenten pactos, redes, asociacións e apoio ás iniciativas locais para o emprego, previstos no EIXE 2 do programa operativo «Adaptabilidade e emprego».
4-Proxecto de orzamento municipal 2007.

Este concelleiro fai un chamamento para que asistan moitos veciños ó pleno. Teño á impresión de que vai ser unha sesión do máis interesante. O debate orzamentario sempre é moi útil para coñecer a situación do concello.

LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN

Tres sindicatos presentan candidaturas para as eleccións sindicais do concello de Pontecesures.

Rematou o prazo de presentación de candidaturas para estas eleccións onde serán elixidos os tres representantes do persoal laboral do concello para os próximos catro anos.

As candidaturas son as seguintes:

CCOO (Xurxo Gerpe Jamardo, Franciso Freiría Oliveira e Elías Sanmarco Enrique).
UXT (Eduardo Enrique Bóveda, José F. Rodríguez Fructuoso e Alvaro Constantino Espiño).
CIG (Mª Teresa Gil García, Manuela González Vázquez e José M. Moreiras Eitor)

O sindicato CC.OO solicitou que fora colocada unha urna e unha cabina para as votacións como garantía do proceso.

El Concello solicita al ADIF la limpieza de los márgenes de la via del ferrocarril.

El concejal de Relaciones Institucionales, Luis Sabariz, solicitó al ADIF la limpieza de los márgenes de la vía férrea a su paso por el municipio «ante o risco de incendios e por razóns de salubridade e estética». El edil explica que, desde el paso a nivel de San Xulián y hasta el puente del ferrocaril sobre el río Ulla, «as marxes están cheas de maleza dende hai moito tempo».

DIARIO DE AROUSA, 30/11/07