Nota íntegra da ACP sobre a actuación no parque infantil «Vicente Moure».

O goberno municipal de Pontecesures decideu incluir a obra do arranxo do parque infantil «Vicente Moure» (a carón da Casa do Concello) no Plan de Obras e Servicios da Deputación de Pontevedra que é o organismo que vai financiar ao 100% a actuación:

Como nada se tratou coa oposición sobre este investimento, a ACP desexa comunicar aos veciños o seguinte:

1. ? unha mágoa, pero parecer que non está previsto incluir na actuación o reconstrución da parte danada do muro de contención do parque infantil. Nun dos laterais o muro está danado como se pode apreciar dende as escaleiras do paso que hai entre o edificio da Casa do Concello e o propio parque.

2. Esta agrupación desexa que a actuación no seu conxunto non dane ás árbores antigas que temos no parque. ? un patrimonio de todos, o activo máis importante do recinto, e deben quedar a salvo de calquera actuación que prexudique ás mesmas.

En canto ao muro, solicítase que se acometa á reparación en canto sexa posible e sobre ás árbores dicimos, con bastante antelación, que debe estarse moi atento ás actuacións a realizar para evitar os danos e non levarnos logo sorpresas desagradables con feitos consumados.

Pontecesures, 09/09/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

El PP de Pontecesures acusa al Gobierno de demorar el arreglo de bienes «sen xustificación».

El grupo del Partido Popular acusa al Gobierno local de demorarse «inxustificadamente» en la reparación de elementos urbanos. De hecho, asegura que «estase a converter na súa tarxeta de presentación».
Los populares explicaron que el último ejemplo está en la valla de protección del paso bajo la vía del tren, en la zona del Telleiro. Relataron que «hai máis xa de catro meses dende que un vehículo derrubou un tramo da varanda que une o peirao de Pontecesures con xona do Telleiro, sen que ata o de agora se teña reposto».
En esta misma línea indicaron que la zona, en general, presenta «mal estado» y además, se ha sustraído alguna señalización sin reponer, y «a maleza, os cheiros e as cintas de balizamento da policía local polo chan, son as únicas testemuñas do que aconteceu». A este respecto, el grupo indicó que esta situación «non é nova» y acusa al Ejecutivo local de «retrasos semellantes», poniendo como ejemplo la balaustrada de la Rúa do Casto o la Cruz de Infesta.
«Queda patente a falla de axilidade á hora de xestionar coas aseguradoras a reposición do deteriorado cando, no día a día, ditos prazos son case inmediatos, bastando un informe da Policía Local, unha valoración dos danos e unha peritación para que as aseguradoras acometan os pagos e a reposición do dano», añadieron desde las filas populares.

DIARIO DE AROUSA, 27/08/13

ACP critica ao gobierno por non reparar o cerre do colexio en vacacións.

Hai uns dez días a ACP denunciou una serie de deficiencias no cerre perimetral traseiro do patio do CPI Pontecesures que ocasionan risco para os alumnos. En concreto, facíase referencia ao estado das varillas oxidadas rotas e de punta dunha verxa, a un tramo caído duns tres metros lineais noutra zona (varios bloques do muro e e malla), á maleza que invade unha gran parte do muro traseiro e á rotura dun cristal do ximasio preto de cerre.

Pois ben; pasaron as vacacións de Semana Santa e no día de hoxe no que se reanuda a actividade letiva as cousas continuan como estaban. Sorprende que o goberno local anuncie que se aproveitaron os días de vacacións, sen nenos no recinto, para avaliar os danos e que as actuación íanse facer cando o tempo o permitise. Incrible a xustificación porque ¿que impidiiu facer as valoracións antes con nenos polo patio?, ¿a que ven esta dificultade para colocar nos días da Semana Santa un cristal, uns cantos bloques, un pequeno tramo de malla métalica e una verxa nova?.

Esta pasividade do concelleiro de educación, Roque Araújo, e do goberno local no seu conxunto ocasiona que nestes días de clase teñamos perigo no recinto escolar e malestar por parte de pais e nais de alumnos. Anuncianos o Sr. Araújo con toda a propaganda de cando en vez a simple sustitución de luminarias, a limpeza do patio ou o arranxo ordinario das persianas do colexio (labor de mantemento do concello que se fixo toda a vida no colexio, por obriga legal) e non activa esta reparación tan necesaria. Esperemos que, dunha vez por todas, se arranxen estas deficiencias denunciadas.

Pontecesures, 02/04/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures

Entran a roubar na sede do PP de Pontecesures e nunha tenda de informática.

Na madrugada do sábado 6 de outubro ao domingo 7 entraron a roubar no edificio situado na rúa Víctor García nº 24 e Pontecesures. Forzaron a porta do baixo onde se atopa a sede do PP e revolveron caixóns na busca, posiblemente, de diñeiro en efectivo. Ao non hebelo, abandonaron o local sen levarse, aparentemente, nada causando danos materiais (pechadura, cristais, etc..)
No mesmo edificio, entraron na tenda de informática Inforede, e levaron, ao parecer, un teléfono móbil.

Fenosa retirou por fin o poste danado nas Laxes de Porto e ACP celebra a boa nova.

A primeiros de agosto un vehículo causou danos a un poste situado na interseccíon da rúa dos Mariñeiros coa subida a Porto de Arriba (na zona de ancheamento que se gañou coa obra do anterior goberno, preto da taberna de Vieites). Ante o risco de caída a ACP instou ao goberno que foran activados os trámites para que o poste fose retirado canto antes.
Co temporal de vento e choiva do pasado domingo o risco era maior, as queixas dos veciños tamén medraron e así no pleno ordinario do lluns 24 este concelleiro pregou de novo a retirada deste elemento perigoso.
Pois ben, este mércores persoal dependente da empresa eléctrica retirou o poste danado e colocou o substituto nun lugar da zona onde non molesta. Tan só hai que dicir que os operarios deixaron alí o escombro que debe ser retirado con toda celeridade.