Nota íntegra da ACP sobre a actuación no parque infantil «Vicente Moure».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O goberno municipal de Pontecesures decideu incluir a obra do arranxo do parque infantil «Vicente Moure» (a carón da Casa do Concello) no Plan de Obras e Servicios da Deputación de Pontevedra que é o organismo que vai financiar ao 100% a actuación:

Como nada se tratou coa oposición sobre este investimento, a ACP desexa comunicar aos veciños o seguinte:

1. ? unha mágoa, pero parecer que non está previsto incluir na actuación o reconstrución da parte danada do muro de contención do parque infantil. Nun dos laterais o muro está danado como se pode apreciar dende as escaleiras do paso que hai entre o edificio da Casa do Concello e o propio parque.

2. Esta agrupación desexa que a actuación no seu conxunto non dane ás árbores antigas que temos no parque. ? un patrimonio de todos, o activo máis importante do recinto, e deben quedar a salvo de calquera actuación que prexudique ás mesmas.

En canto ao muro, solicítase que se acometa á reparación en canto sexa posible e sobre ás árbores dicimos, con bastante antelación, que debe estarse moi atento ás actuacións a realizar para evitar os danos e non levarnos logo sorpresas desagradables con feitos consumados.

Pontecesures, 09/09/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.