A ACP solicita que sexa instalada dunha vez a Cruz de Infesta.

Na tarde do 13/07/12, desplomouse esta cruz causando pequenos danos a un neno que se atopaba xogando na zona e que, ao parecer, xa foron avaliados pola compañía aseguradora da responsabilidade civil do concello.

Os trozos na cruz quedaron espallados no seu día pola zona, e no pleno ordinario do 30 de xullo de 2012, a concelleíra de IP, Flora Ferreirós, solicitou que se colocase de novo a cruz e que, alomenos, foran rertirrándose xa os trozos de pedra ante o perigo que representaban nesta zona de Infesta, bastante concorrida pois por alí pasa o Camiño Portugués da Ruta Xacobea.

Sorprendentemente, o concelleiro de obras, Ángel Manuel Souto Cordo, afimou no pleno que antes de colocar a cruz había que pedir un informe ao técnico municipal por se houbera responsabilidades dos compoñentes do grupo de goberno que tiñan competencias de xestión cando a cruz foi colocada xa que poidera ser que a obra fora mal executada.

Pois ben, hai que dicir que a obra de rahabilitación desta zona de Infesta na que incluía a colocación desta cruz foi executada dentro dun programa LEADER PLUS en 2006 (a cruz en concreto foi colocada en outubro de 2006) sendo presidente da corporación daquela o actual alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira e o técnico municipal é agora o mesmo que dirixiu esta obra en 2006.

Pois ben; solicítase a Souto Cordo que informe á opinión pública das conclusións do informe do técnico municipal e se hai responsabilidades na actuación do alcalde, doutros membros do goberno local de entonces, do técnico, da empresa instaladora, ou de quen sexa. Tamén instase a que, independentemente da investigación do concelleiro de obras, a cruz sexa colocada con toda urxencia. ? certo que os trozos foron retirados logo da pregunta plenaria, pero xa pasaron dous meses e a cruz non foi reposta permanecendo alí só a base. Un dato máis que nos amosa o abandono no que esta sumido o noso municipio con este goberno.

Pontecesures, 19/08/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Tres feridos leves en accidente de tráfico na N/550.

Sobre ás 16:45 horas de hoxe, 19 de setembro, o Mercedes 300 8355-BTP foi alcanzado na parte traseira polo camión 7851-FKM de Beade (Rois) que transportaba troncos de madeira. A colisión por alcance tivo lugar no cruce da Estrada (Avda. de Vigo) cando o turismo atopábase detido na espera de que que a luz do semáforo se puxera verde e o camión arrastrouno varios metros logo do contacto. Ámbolos dous vehículos circulaban con dirección a Valga.
Unha ambulancia evacuou aos tres ocupantes do Mercedes (un home, unha muller e unha nena) con lesións aparentemente leves.
Os danos materiais, sobre todo no turismo, foron considerables.

O valado de Novo Núñez segue a causar problemas. Colisión dun vehículo onte.

Xa en dúas ocasións solicitou publicamente este concelleiro que se realizasen xestións para que fose retirado o valado na fronte dunha edificación da rúa José Novo Núñez (a carón da Casa do Concello). A cesión e urbanización do terreo está vinculado á licenza da vivenda pero a fronte semella rematada e procede a retirada dos obstáculos por razóns de seguridade e incluso de estética na propia estrada N-550, e o arranxo tanto da beirarrúa actual como a urbanización do terreo cedido
Non hai moito un neno meteu un pe nunha arqueta ao aire na beirarrúa destrozada que da a o valado, afortunadamente sen danos. Pero onte, sobre ás 16:35 horas, tivemos xa a segunda incidencia pois un vehículo colisionou co valado e tivo importantes danos do lateral do mesmo.
Segue o perigo e segue sin resolverse esta cuestión. Prégase de novo tanto ao alcalde como ao concelleiro de obras, Ángel Souto, que se tomen todo tipo de medidas para solucionar este asunto.

Pontecesures, 08/05/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.

A treboada provocou avarías nos sinais dos pasos a nivel de Pontecesures.

Sobre ás 18:30 horas de hoxe, 28 de abril, comezou a chover con forza e con forte treboada. Pasou rápido, pero houbo danos nos pasos a nivel de FF.CC. de Pontecesures e as barreiras quedaron baixas moito tempo. Antes as retencións de vehículos, o tráfico foi desviado das rúas centrais participando nesta función Protección Civil de Pontecesures. Tardou o persoal de ADIF en solucionar a avaría aínda que os trens pasaban moi despaciño.
Tamén quedou inoperativo o semáforo do cruce da Estrada por mor da treboada. Ata o de agora, 22:30 horas, segue apagado.