A alcaldesa de Pontecesures en FITUR.


A Alcaldesa, Maite Tocino, está representando ao Concello de Pontecesures na Feira Internacional de Turismo.
Presentáronse iniciativas para achegar visitantes á vila, destacando o noso abundante patrimonio cultural e etnográfico.
A historia de Pontecesures, a través das persoas destacadas do ámbito das artes, da cultura, do científico e médico… é un atractivo de gran valor que merece ser destacado.
Tamén os nosos recursos naturais, o Río Ulla coa particular lamprea e o seu valor gastronómico. As nosas celebracións e tradicións.
En definitiva, Pontecesures é un lugar que merece a pena visitar.

Concello de Pontecesures

El sábado 25 de noviembre, cortes de luz.

O «Grupo Naturgy» remitéuse a este Concello, comunicación escrita na que INFORMA que o vindeiro SÁBADO, 25 DE NOVEMBRO DE 2023, van a realizar traballos de mantemento na rede eléctrica para mellora no suministro nas franxas horarias de 6:00 h. a 7:30 h. e de 7:45 h. a 9:00 h. As rúas ou lugares afectados na franxa horaria de 6:00 h. a 7:30 h. son literalmente:

INFESTA (CARRETERA ESCOLAS Nº 1, 15, 21, 23, 25; INFESTA Nº 14, 16, 20, 24, 28, 33, 63; RAIMUNDO GARCÍA DOMÍNGUEZ BOROBÓ Nº 12, 14, 16; ULLÁN Nº 2, 6, 8, 12). PORTARRAXOI (AVENIDA VIGO Nº 2, 9, 12, 18). SAN LUIS (MIGUÉNS PARRADO Nº 3, 6, 7, 8, 9, 13; SAN LOIS Nº 45). SAN XULIÁN Nº 10).

As rúas ou lugares afectados na franxa horaria de 7:45 h. a 9:00 h. son literalmente: .

Concello de PONTECESURES: SAN LOIS (AVENIDA EUGENIO ESCUREDO Nº 3, 19), SAN XULIÁN -PONTECESURES – (BARRIO FACTORIA Nº 1; CAMIÑO SAN XULIÁN Nº 27, 31, 33, 37; JOSE NOVO Nº1, 3, 7, 9; SAGASTA Nº 2, 4 a 16, 19, 21; SAN XULIÁN Nº 1, 4; TRAVESIA FEIRA DO AUTOMOBIL Nº 1; VÍCTOR GARCIA Nº 1 a 9, 11, 13, 15, 21, 22, 23, 27, 29, 31).

RÓGASE COMPARTIR PARA MAIOR DIFUSIÓN. GRAZAS.

Departamento de Vixilancia e Seguridade do Concello de Pontecesures

A Casa de Rosalía en Padrón acolle o festival ‘Abride a Fiestra’.

Casa de Rosalía en Padrón /cedida

A Fundación Rosalía de Castro acolle hoxe en Padrón a quinta edición do festival ‘Abride a Fiestra’, coincidindo co día no que se cumpren 138 anos do pasamento da autora. O evento acollerá diferentes manifestacións culturais das que Rosalía será a figura central. Entre os protagonistas do evento están Xisco Feijoo, AldaoLado, Antón Reixa, Xurxo Souto, Olga Novo e Moncha Fuentes, entre outros. A xornada da comezo ás 11 da mañá e ata media noite acollerá máis dunha vintena de actividades. Visitas guiadas pola Horta de Rosalía ou a Casa para crianzas, recitais e presentacións de libros son algunhas das posibilidades. Ademais haberá unha cata de viños a e unha degustación de vermú. Tamén haberá posibilidade de xantar na propia Horta da Casa da Matanza a partir das 14.00 horas.

Asimismo, para os máis pequenos haberá un espazo de brinquedos tradicionais, un obradoiro de brinquedos sonoros e un concerto de Ce Orquestra Pantasma. Durante todo o día na Casa de Rosalía haberá feira de produtos rosalianos, un espazo de brinquedos tradicionais, e un pianista residente ao Piano de Rosalía. Esta edición do ‘Abride a Fiestra’ rematará coa observación da estrela Rosalía de Castro canda a Agrupación Astronómica Ío, para a que se recomenda levar primáticos.

El Correo Gallego

MÁIS DE 300 PERSOAS CELEBRARON NO PARQUE IRMÁNS DIOS MOSQUERA O XXIV ANIVERSARIO DE RADIO VALGA.

– Unha comida, xogos populares, inchables e actuacións musicais foron as actividades programadas

– O alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Pedro Calvo e José Lagos asistiron en representación municipal

RadioV1

O Parque Irmáns Dios Mosquera foi o punto neurálxico das celebracións do vixésimo cuarto aniversario da radio municipal. Máis de trescentas persoas déronse cita para participar nos festexos, que incluíron un xantar popular e outras actividades culturais e recreativas coma actuacións musicais e xogos. En representación do Concello asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros José Lagos e Pedro Calvo, que ademais é locutor de Radio Valga.

A Banda de Música Municipal de Valga foi a encargada de amenizar a sesión vermú dunha actuación dirixida por Manuel Villar Touceda. O xantar, a cargo de Lito Mambís, abriuse con empanada como entrante e, como pratos principais, degustáronse polvo á feira e churrasco con patacas e ensalada. Non faltaron a sobremesa e o café.

Unha vez rematada a comida, o director de Radio Valga, Héctor Bermúdez, coa axuda dunha man inocente, sorteou agasallos doados por empresas e casas comerciais colaboradoras: xamóns, pequenos electrodomésticos, carros para ir mercar e lotes de diferentes produtos foron algúns dos regalos que se entregaron aos afortunados.

Pola tarde non faltou a diversión, cun baile a  cargo de Music Stars e Dúo Reflejos e tamén con xogos para maiores e cativos. A chave, a ra, a estornela ou o aro foron algúns dos xogos populares cos que se atreveron os moitos dos asistentes, mentres que os máis cativos tiveron inchables.

RadioV2
RadioV3
RadioV4
RadioV9

Concello de Valga

La Pascua atrajo a Padrón a los 80 mejores equinos de Galicia.

Compitieron en cruzados más pura raza árabe, gallega y española // Hoy llegará el hermanamiento con la Corporación de Santiago

Imagen del concurso de doma

Miles de personas y cientos de monturas volvieron a convertir a Padrón en el centro de atención de los aficionados al mundo del caballo este Domingo de Pascua. Allí, ochenta de los mejores ejemplares de Galicia compitieron en los concursos morfológicos que organiza el Ayuntamiento en colaboración con la Asociación de pura cepa Gallega (Puraga), en una jornada en la que la música, el pulpo á feira y el terraceo volvieron a triunfar. 27

De esta forma, equinos procedentes de toda Galicia se dieron cita por la mañana en el Campo da Barca para participar en la feria caballar, mientras que ochenta tomaron parte en unos concursos morfológicos en los que se eligieron a los mejores ejemplares cruzados, de pura cepa árabe, española o gallega en un concurso que repartió 3.600 € en premios. Los devotos de las monturas se dejaron ver por la capital del Sar desde primera hora de la mañana para contemplar los cientos de animales que se exhibían en uno de los foros equinos gallegos más tradicionales, mientras en la plaza de toros portátil se celebraban los concursos morfológicos, en el que jueces de Puraga eligieron a los mejores.

En concreto, el ganador en sementales cruzados fue Iván, de Pablo López García, mientras que HD Cristal, de Héctor Domínguez García, vencía en hembras. En pura raza árabe se impusieron Faruk Akhil, de Héctor Domínguez, en machos, y Mar Iris, de Manuel Antonio Martínez Torres, en hembras. Ya en el apartado de pura raza española, Campanilla XLIX, de Javier García, obtuvo la victoria en potros; Quirico, de Gandeiría Patiño Guitián, en machos; y Catrina Rah, de Alex Mallo, en hembras. Por último, en pura raza gallega arrasaron Milla de Laxe, de Juan Méndez, en potros; Chocolate, de Juan Fontenla, en machos, y Galaxia, de Juan Paz, en la categoría hembras. 

Y mientras los aficionados a los caballo disfrutaban en el campo da Barca de las exhibiciones y alta doma, millares de personas visitaban las atracciones y el mercadillo dominical en el campo do Souto y en el paseo do Espolón, que estuvieron abarrotados toda la mañana. A mediodía, música con los pasacalles de la Banda Municipal de Música, y poco antes del concierto, llegaba otro de los momentos tradicionales de esta festividad: las salidas de gigantes y cabezudos, en este caso escoltados por el grupo folclórico San Pedro de Carcacía. La feria de maquinaria agrícola, que tuvo como marco la zona de la guardería, también fue visitada a cientos de personas. 

Este lunes (festivo local), se recibirá a la Corporación de Santiago en la rúa Real (13.00 h.), y a las 21.30 horas comenzará la verbena de Atenas ( Paseo do Espolón), y a las 23.00 horas, toca Panorama (Fondo de Vila).

El Correo Gallego

Padrón estrea as súas festas de Pascua coa apertura de atraccións e concertos gratuítos.

Festas da Pascua de Padrón

Festas da Pascua de Padrón

Coas parcelas ocupadas, a apertura das atraccións e dos postos de feira no Espolón e no Campo do Souto, Padrón vístese de festa dende este domingo 2 de abril para celebrar a Pascua. Padroneses e visitantes poderán gozar durante quince días dunha completa programación pensada para todos os públicos e na que, unha vez máis, un bo número de concertos e verbenas gratuítos se sumarán a citas clásicas como a feira cabalar e as competicións deportivas. O pregón correrá a cargo do humorista David Amor.

“A Pascua celébrase por segundo ano como Festa de Interese Turístico de Galicia e o obxectivo de superarse a si mesma en cada edición”, salientou o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, quen lembrou que as festas de 2022 pecháronse cun gran éxito de participación e supuxeron todo un revulsivo anímico e económico. “Traballamos arreo coa intención de manter o nivel e facer unhas festas que satisfagan a todos os públicos”, engadiu o mandatario. O Concello padronés destina á Pascua preto de 200.000 euros.

El Correo Gallego