Tres sindicatos presentan candidaturas para as eleccións sindicais do concello de Pontecesures.

Rematou o prazo de presentación de candidaturas para estas eleccións onde serán elixidos os tres representantes do persoal laboral do concello para os próximos catro anos.

As candidaturas son as seguintes:

CCOO (Xurxo Gerpe Jamardo, Franciso Freiría Oliveira e Elías Sanmarco Enrique).
UXT (Eduardo Enrique Bóveda, José F. Rodríguez Fructuoso e Alvaro Constantino Espiño).
CIG (Mª Teresa Gil García, Manuela González Vázquez e José M. Moreiras Eitor)

O sindicato CC.OO solicitou que fora colocada unha urna e unha cabina para as votacións como garantía do proceso.

Identificado na tarde de hoxe o conductor que derrubou a farola da rúa Rosalía de Castro na madrugada do domingo.

O vehículo foi un BMW de cor negro, guiado polo xove E.M.V. veciño de Confurco-Padrón. Ía con outra persoa a noite da colisión.
O coche está a ser reparado nun taller de Raxoi-Valga e as pescudas policiais deron resultado localizando a Garda Civil de Valga a este xove nesta tarde.
O conductor presentouse logo na tardiña de hoxe na Casa do Concello, manifestando que asumía tódolos gastos.
Este concelleiro quere agradecer o labor realizado tanto pola Garda Civil de Valga como pola Policía Local de Pontecesures para identificar ó causante destes danos.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

A Xunta regulará a situación laboral dos secretarios dos xulgados de paz.

Como a secretaria do Xulgado de Paz de Pontecesures, Conchi Castro Cereijo, está nesta situación (son 52 en toda Galicia) reprodúcese esta nova publicada no Diario de Arousa do 29/11/07, polo seu interese.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, afirmou onte que a dignificación dos secretarios idóneos dos xulgados de paz (cuxo estatus actual non é de funcionarios nin de persoas con contratos laborais) pasa por unha regularización laboral.

(más…)

El BNG cree que Castro quiere «escurrir o bulto» sobre las guías turísticas y la tacha de «cínica»

El BNG de Pontecesures tildó de «cínica» la actitud de la alcaldesa, Maribel Castro, al respecto de la polémica sobre las guías turísticas y la acusan de querer «escurrir o bulto e responsabilizar ós traballadores deste comportamento». Los nacionalistas denunciaron que una de las páginas de las guías había sido arrancada para eliminar así la foto y el discurso del ex alcalde, Luis Álvarez Angueira. Sin embargo, Castro negó ser la responsable de los hechos y aseguró que las publicaciones incompletas se habían retirado. Desde el BNG consideran que «ningún traballador, por iniciativa propia, executaría este atentado a unha publicación oficial senón é por unha orde superior», e insisten en que «foi a alcaldesa a que deu instruccións para a mutilación», por lo que exigen que «dea a cara e non se oculte, de xeito cobarde, detrás dos funcionarios».

(más…)

O apagón de onte, motivou avarías de electrodomésticos e instalaciós eléctricas en domicilios de Pontecesures.

O apagón de onte entre as 20,15 e as 21,45 horas aproximadamente, ocasionou avarías en aparellos de particulares en Pontecesures (por exemplo, receptores de TV por satélite, vídeos, fontes de alimentación de antenas colectivas, etc..).

Infórmase ós interesados que estes danos pódense reclamar a UNI?N FENOSA chamando o teléfono de reclamacións 901-404040, Débense facilitar os datos do abonado/a, detallar os danos, conservar o aparello danado e a factura da reparación.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN