No pleno celebrado onte en Valga aprobouse a proposta conxunta dos concellos de Catoira, Pontecesures, Padrón e Valga, de defensa do tren de cercanías Vilagarcía-Santiago.
Houbo 11 votos a favor (9 do PP e 2 do PSdeG-PSOE) e 1 en contra (BNG). Non asisteu ó pleno unha concelleira do PP.
Concello
O Concello perdeu, en 2006, unha subvención para un pantalán para o Club Náutico co anterior goberno.
NOTA DE PRENSA DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE PONTECESURES
O abeiro da Orde de 24 de Abril de 2007 da Consellería de Cultura e Deportes que saiu publicada o 8 de maio no DOG, non se concedeu ó Concello de Pontecesures axuda algunha para actividades, obras ou equipamentos deportivos.
Sociedade
Seguen aparecendo marcas de «frenadas» na zona portuaria despois da noite do sábado ó domingo pasado.
De novo apareceron varias marcas de «frenadas» de vehículos (duns 25 metros de lonxitude) na rúa Eugenio Escuredo, fronte as obras do Club Náutico, na mañá do domingo día 4 de novembro. Seguen así a realizarse carreiras e maniobras bruscas con vehículos a gran velocidade na zona.
Política
Hoxe no pleno de Valga tratarase a moción de apoio ó tren de cercanías
Hoxe, día 5 de novembro, a partir das 20,30 horas, se debatirá a moción conxunta dos concellos de Catoira, Pontecesures, Padrón e Valga, por parte do pleno deste último concello, e que trata da defensa do servicio de cercanías entre Vilagarcía e Santiago pola vía actual.
Basket Río Ulla
BALONCESTO: RESULTADOS DOS ENCONTROS DISPUTADOS NA FIN DE SEMANA
Esta fin de semana non houbo partido dos senior, pois o equipo que tiña que vir xogar a Pontecesures, o Escola Naval de Marín, tiña problemas de falta de xogadores polos festivos, polo que pediron á Federación e ó noso club o aprazamento do encontro, non poñendo pola nosa parte impedimento algún, e a Federación aceptou pospoñer o encontro para outra data.
Pero os equipos de categorias inferiores si disputaron encontros amigables, para poñerse a punto ante o inminente inicio das ligas, previsto na maioria para a vindeira fin de semana.
Onte foron os Cadetes e os Alevíns os que devolveron a visita de hai 15 días ó Grove. No caso dos cadetes, a maior calidade e veteranía dos grovenses decantou o partido dende o inicio, gañando por 30 de diferencia. No caso dos alevíns o resultado foi de victoria para os cesureños por 15 puntos de diferencia.
Na tarde de hoxe foron os Infantís os que disputaron un amigable diante do Liceo de Vilagarcía. O resultado foi de victoria visitante por 50 a 60 nun bo partido, pois eran varios os nenos que xogaban por primeira vez no equipo do Extrugasa. Foi un parcial de 4 – 18 no 2º cuarto o que fixo que os vilagarciáns colleran unha importante diferencia que os neneos de Valga e Cesures non poideron remontar, a pesar de intentalo.
Equipo infantil Extrugasa Rio Ulla 2007 – 08