BALONCESTO: RESULTADOS DOS ENCONTROS DISPUTADOS NA FIN DE SEMANA

Publicado por fru en

Esta fin de semana non houbo partido dos senior, pois o equipo que tiña que vir xogar a Pontecesures, o Escola Naval de Marín, tiña problemas de falta de xogadores polos festivos, polo que pediron á Federación e ó noso club o aprazamento do encontro, non poñendo pola nosa parte impedimento algún, e a Federación aceptou pospoñer o encontro para outra data.

Pero os equipos de categorias inferiores si disputaron encontros amigables, para poñerse a punto ante o inminente inicio das ligas, previsto na maioria para a vindeira fin de semana.

Onte foron os Cadetes e os Alevíns os que devolveron a visita de hai 15 días ó Grove. No caso dos cadetes, a maior calidade e veteranía dos grovenses decantou o partido dende o inicio, gañando por 30 de diferencia. No caso dos alevíns o resultado foi de victoria para os cesureños por 15 puntos de diferencia.

Na tarde de hoxe foron os Infantís os que disputaron un amigable diante do Liceo de Vilagarcía. O resultado foi de victoria visitante por 50 a 60 nun bo partido, pois eran varios os nenos que xogaban por primeira vez no equipo do Extrugasa. Foi un parcial de 4 – 18 no 2º cuarto o que fixo que os vilagarciáns colleran unha importante diferencia que os neneos de Valga e Cesures non poideron remontar, a pesar de intentalo.

100_8007-web.JPG

Equipo infantil Extrugasa Rio Ulla 2007 – 08


2 comentarios

gulli · 5-11-2007 a las 23:25

Xa vexo, Frutuoso, que o teu sobriño segue os teus pasos. Pois nada, que se anime a entrenar, e así de paso que deixe de xogar, que Peñaño está temblando.
Por certo, ¿comentácheslle ó «portavoz» do goberno local as lamentables condicións nas que estamos entrenando? Dille que suba polo pabellón e así o ve…e de paso falamos, sobre todo falamos…
Saúdos

solla · 6-11-2007 a las 12:09

Querido Gulli: me parece estupendo que el sobrino de Fructuoso este entrenando a ver si asi aprende a enseñarles a los chavales lo que el no aprendio hasta el último año(no protestar a los arbitros y la labor en equipo). Respecto a las lamentables condiciones eso no es nuevo ni para nosotros ni para los visitantes. Fructuoso tu sabes mi opinión y lo que se debería de hacer en el pabellón(y en otros sitios claro)

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.