Acta de selección dos sete peóns dos programas de cooperación 2009.

En Pontecesures, a nove de xullo de dous mil nove; sendo as 10.15 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 7 postos de peóns de construcción do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, polo Administrativo do Concello D. Ricardo Campos Saborido, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario. Estivo presente durante o proceso selectivo coma ointe, en calidade de representante sindical dos traballadores do concello D. Elias Sanmarco Enrique.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada un/unha dos/das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección e baremación da Orden do 29 de decembro de 2008 que regulan os Programas de Cooperación no 2009 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto ás 10.30 h. procédese a realizar as correspondentes entrevistas entre toda aquelas persoas candidatas que, de conformidade coa oferta remitida pola oficina de emprego de Vilagarcía de Arousa, presentáronse: Francisco Javier Acosta Castroagudín; José Carlos Angueira Bentrón; Ramón Besada Gómez; Manuel Boquete Rodríguez; Isolina Caldelas Agrasar; Francisco Carril Portas; David Crespo Crespo; José Jorge Da Rocha Pereira Aires; Francisco Domínguez Chazo; Diego Alejandro Dopazo Otero; José Manuel Fandiño Loureiro; Manuel Figueira Perez; Victor Manuel Frieiro Portas; Rafael Gómez Rodríguez; Mª Olga Guitián García; Genaro Lafuente Lestón; Ramón Magán Bodaño; Juan Ramón Pardal Moure; Isidro Pérez Magán,; Natalia Potel Saborido; Remedios Rodríguez Requejo; Antonio Rodríguez Rodríguez; Mª Carmen Rodríguez Castrelo; Sergio Rumbo Moure; Lúis Sánchez López; Manuel Sobradelo Vicente; e Carmen Souto Durán.

Non se presentaron: Gerardo García Castromán; e Mª Concepción Gimenez Silva.

Presentouse e manifestou non interesarlle esta oferta de emprego: Juan Manuel Castaño Piñeiro.

Así mesmo, presentouse Miguel Custodia Llerena, abandonando o lugar de realización desta selección de persoal cando se lle estaban explicando cuestións referidas á citación enviada pola Oficina de Emprego, e que non tiña no seu poder. Polo tanto, non se puido baremar a esta persoa.

Seguidamente os/as vinte e sete aspirantes cubriron a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada un deles. Concluída a entrevista e realizado o baremo, a puntuación obtida polos/as aspirantes foi a seguinte:

Lúis Sánchez López………………………………………………….. 9.25 puntos
Ramón Besada Gómez………………………………………………. 7.00 ??
Antonio Rodríguez Rodríguez……………………………………. 7.00 ??
Isolina Caldelas Agrasar……………………………………………. 6.00 ??
Genaro Lafuente Lestón…………………………………………….. 5.25 ??
Manuel Boquete Rodríguez……………………………………….. 5.00 ??
José Carlos Angueira Bentrón……………………………………. 5.00 ??
Remedios Rodríguez Requejo……………………………………. 4.75 ??
Francisco Carril Portas……………………………………………… 4.50 ??
Isidro Pérez Magán………………………………………………….. 4.50 ??
Júan Ramón Pardal Moure………………………………………… 4.50 ??

Manuel Sobradelo Vicente…………………………………………. 4.25 puntos
Carmen Souto Durán………………………………………………… 4.00 ??
Mª Carmen Rodríguez Castrelo………………………………….. 4.00 ??
Francisco Domínguez Chazo…………………………………….. 3.75 ??
Rafael Gomez Rodríguez………………………………………….. 3.75 ??
Francisco Javier Acosta Castroagudín………………………………… 3.75 ??
Natalia Potel Saborido………………………………………………. 3.50 ??
Ramón Magán Bodaño……………………………………………… 3.50 ??
José Jorge Da Rocha Pereira Aires…………………………….. 3.50 ??
José Manuel Fandiño Loureiro………………………………….. 3.50 ??
David Crespo Crespo………………………………………………. 3,00 »
Manuel Figueira Pérez……………………………………………… 3.00 ??
Víctor Manuel Frieiro Portas…………………………………….. 3.00 ??
Diego Alejandro Dopazo Otero………………………………….. 2.75 ??
Mª Olga Guitián García…………………………………………….. 2.25 ??
Sergio Rumbo Moure……………………………………………….. 2.00 ??

Tendo en conta o anteriormente exposto, resultan propostos/as por este órgano de selección:
.
Lúis Sánchez López; Ramón Besada Gómez; Antonio Rodríguez Rodríguez; Isolina Caldelas Agrasar; Genaro Lafuente Lestón; Manuel Boquete Rodríguez; e José Carlos Angueira Bentrón.

No caso de renuncia dalgún dos anteriores candidatos propostos, as vacantes cubriranse polo orden de puntuación que figura nesta acta.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

2 XOGADORES DO C.B. RIO ULLA VAN ACUDIR Á CONCENTRACI?N DE VERÁN DAS RESPECTIVAS SELECCI?NS GALEGAS

Dende hai 2 semanas tíñamos a nova de que o noso xogador José Carlos García estaba preseleccionado para a selección galega infantil masculina. Por elo vai ter que acudir a mediados deste mes de xullo a unha concentración da selección infantil que se vai celebrar en Pontevedra, durante 1 semana. A esta preselección acuden 16 xogadores de toda Galicia, para posteriormente escoller ós 12 xogadores que representarán a Galicia no próximo campionato de España de seleccións autonómicas, previsto para principios de 2010 en Extremadura.

Ademais, a sorpresa agradable douna no día de onte Antia Sanmarco Martínez, pois foi convocada igualmente para a preselección galega alevín feminina. Tamén terá que concentrarse durante unha semana no centro de tecnificación de Pontevedra, neste caso do 20 ó 24 de xullo, e tamén pode chegar a disputar o campionato nacional con Galicia.

¡¡¡ Noraboa e sorte a ambos !!!

Os nosos parabéns para….

Queremos dar os parabéns polas novas instalacións deportivas no CPI Pontecesures, especialmente o novo campo de 3 x 3 que se instalou no patio. Neste campo pódense practicar varios deportes.
Tamén nos gustaría mostrar o noso agradecemento pola instalación de novos farois na rúa S. Lois e a Prazuela, así como na fachada da igrexa parroquial.
Por último, os nosos parabéns para as novas instalacións deportivas feitas no monte de Porto que inclúe céspede artificial no campo de fútbol xa que o antigo non permitía a práctica adecuada deste deporte.

Artigo de Raúl Trasande Silva e de Víctor Sanmarco Suárez. 4º ESO B
Revista «O voceiro do Pino Manso» do CPI Pontecesures.

Festival da ANPA para clausurar as actividades extraescolares no CPI Pontecesures.

Comezará ás 16:00 horas no pavillón polideportivo con exposición dos traballos de pintura, manualidades e punto de cruz. Dende as 16:30 horas exhibicións de tenis, baile moderno, danza clásica e teatro.
Ao remate seranlle entregados agasallos aos nenos/as que participaron nas actividades 2008/2009 e a outros que gañaron o certame das Letras Galegas 2009.
De seguido terá lugar unha pequena festa de despedida con dúas colchonetas, mesa de debuxo, maquilladora de fantasía, barra de bar e unha tómbola para recadar fondos cara ao vindeiro curso. Para rematar terá lugar a festa da escuma.
Prezo para os nos socios: 2 euros.
A ANPA agradece a colaboración co festival do Concello de Pontecesures, do CPI Pontecesures, de Chupa Chups, de Elías Sanmarco Enrique e do Grupo Xarandeira.

Nenos/as cesureños/as admitidos para os campamentos de verán «A Lanzada» da Deputación

Barreiro Rodríguez, Alba (9 anos). 3ª quenda
Domínguez Ordóñez, Antía (10 anos). 8ª quenda
Fernández Freiría, Silvia (10 anos). 8ª quenda
García Quintá, Iria (9 anos). 3ª quenda
Navarro Jamardo, María (9 anos). 3ª quenda
Pardal Álvarez, Lucía (7 anos). 1ª quenda
Piñeiro Rodríguez Raúl (13 anos). 3ª quenda
Potel Mariño, Pablo (12 anos). 8ª quenda
Quinteiro Castiñeiras, Diego (11 anos). 4ª quenda
Rarís Frois, Lara (11 anos). 3ª quenda
Rarís Frois, Sofía (8 anos). 3ª quenda
Rodríguez Blanco, Cristian (11 anos). 2ª quenda
Sanmarco Rodríguez, Antía (11 anos). 8ª quenda
Senín Santiago, Mª Belén (9 anos). 3ª quenda
Temperán Potel, Jorge (8 anos). 9ª quenda
Varela Miguéns, Marta, (10 anos). 3ª quenda
Von Hertwig Bernhardt, Laura Helena (10 anos). 2ª quenda

O prazo máximo de presentación da documentación pendente remata o vindeiro 26 de maio (deberá estar nas oficinas da Cidade Infantil Príncipe Felipe ese día).

Xustificante de pagamento de 68 euros na conta 2080 0401 68 0040106618 de Caixanova facendo constar o nome de cada rapaz e a quenda asignada.

A documentación debe remitirse por correo a:
Cidade Infantil Principe Felipe
A/A: Dirección Xerencia-Campamentos
Avda. Montecelo, nº 12
36161 PONTEVEDRA

ANTIA E SERGIO, XOGADORES DO C. B. RIO ULLA SUBCAMPEONS GALEGOS NO TORNEO DE SELECCIONS ZONAIS

 

Esta pasada fin de semana celebrouse a 2ª xornada do Campionato Galego de Seleccións Zonais, de categoria Alevín (10 – 11 anos). Na seleccion arousana masculina participou o noso xogador Sergio Martinez (11 anos), e na feminina o fixo Antia Sanmarco (10 anos). No caso de Antia poderá repetir selección para o ano se é convocada chegado o momento.

A primeira xornada fora en Carril no mes de decembro, e tanto as nenas coma os nenos acadaran xogar polos primeiros postos. As nenas gañaran o torneo de Carril, e os nenos perderan por 2 na final, contra Ourense.

Esta 2ª xornada celebrada o pasado fin de semana en Sarria (Lugo) serviu para dirimir eses 4 primeiros postos deste torneo galego de seleccións zonais.

Asi os nenos derrotaron primeiramente a Lugo (67 – 61), para na semifinal gañar a Ourense 51 a 46. Perderon con Coruña 30 a 75.

As nenas pola sua banda gañaron a Lugo 83 – 33, para na semifinal gañar a Ourense 71 a 61. Foron superadas por Vigo por un 77 a 26.

Hai que decir que caeron nas suas respectivas finais ante 2 «superequipos», logo de ver a Coruña en nenos, e a Vigo en nenas. O éxito foi chegar, con 2 seleccións feitas dende outubro a disputar estas finais, que avalaron o traballo feito polos seus seleccionadores.

En ambos casos os xogadores deste club participaron activamente nestes partidos. Noraboa.