• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Archivos parasantiago

santiago

Álvarez Angueira insta al subdelegado del Gobierno a revalorizar la Policía Local

29-11-2005 por Carmen Barreiro Dejar un comentario

En la actualidad el municipio cuenta con tres auxiliares de policía que tienen competencias limitadas , según expresó el regidor. Para optar a la consecución de un cuerpo propio de Policía Local, según la legislación vigente, Pontecesures precisaría contar cuando menos con una población superior a los 5.000 habitantes, pero a día de hoy sólo tiene cerca de 3.150 empadronados.
Sin embargo, para Álvarez Angueira as peculiaridades do municipio cun carácter prácticamente urbano fan posible que poidamos facernos cargo dun corpo de seguridade propio , por lo que ve viable la opción presentada ayer ante el subdelegado del Gobierno en Pontevedra. Además, apunta, o tipo de actividades que aquí se desenvolven e a extensión da movida son tamén outros argumentos válidos .

El regidor manifestó que en principio só lles pedimos que estudien o tema , pero está dispuesto a iniciar si o permiten las gestiones necesarias ante el Ministerio de Interior u otras administraciones con competencias en estas materias para ver más detalladamente la posibilidades.

Álvarez Angueira añadió que o matiz que diferencia as prestacións dos actuais auxiliares e ter un corpo de Policía Local é importante, sobre todo para obter competencias en materia de seguridade cidadá e prestar un mellor servizo ós veciños, xa que ata o de agora ten máis poder sancionador , también por lo limitado del horario de actuación, que finaliza a las 22 horas.

De este modo también sería posible convocar a nivel legal a Xunta de Seguridade Local na que poderían debatir os principais problemas do concello , según indicó el alcalde. Uno de ellos serían los desmanes de la movida nocturna.

Por otro lado el regidor instó también al subdelegado de Gobierno a mellorar a coordinación entre a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico para regular a intensa circulación do entronque do vial PO-550 coa PO-0214 que vai A Estrada .

En la actualidad este cruce está regulado por semáforos, pero esta señalización parece insuficiente por el alto tránsito que presenta este cruce entre vehículos que pretenden acceder a la comarca del Deza y los que circulan en dirección a Pontevedra y Santiago de Compostela.

Ello conllevaría una mayor presencia de la Guardia Civil de Tráfico en la zona para vigilar la situación viaria del municipio cesureño, ya que a menos de 500 metros se encuentra otro de los cruces de importancia de tránsito que une la PO-550, el casco urbano de Pontecesures con la PO-549 de Vilagarcía.

DIARIO DE AROUSA 29 Noviembre de 2005

Archivado en:Na Prensa Etiquetado con:a ponte, Angueira, Concello, Diario de Arousa, Pontecesures, santiago, xunta

Como chegar a Pontecesures

9-11-2005 por Carmen Barreiro Dejar un comentario

O concello cesureño atópase moi ben situado. E punto de paso do ferrocarril galego dende 1873 e de dúas das rutas do camiño de Santiago: A ruta do camiño Portugués, e a última etapa do Camiño do mar de Arousa e río Ulla.

A Pontecesures podese chegar pola autoestrada AP-9, a vía rápida do Barbanza VRG-11 e a estrada N-550.

A distancia das principales cidades galegas son:

  • A Coruña: 87 km
  • Ferrol: 116 km
  • Lugo: 117 km
  • Ourense: 99 km
  • Pontevedra: 35 km
  • Santiago de Compostela: 24 km
  • Vigo: 61 km

Archivado en:Turismo Etiquetado con:a ponte, Concello, n-550, Pontecesures, río ulla, santiago, Ulla, Vigo

Carlos Maside

21-10-2005 por Antonio Cortés 2 comentarios

(1897-1958)
Profesión: Pintor.

pinmas.jpeg
A siesta. Acuarela, 19,5 x 26 cm.

Biografía: Considerado pola crítica como referente ineludible do rexurdimento artístico iniciado por Castelao, Carlos Maside naceu en San Xulián de Requeixo (Pontecesures) en 1897. A adolescencia pasouna en Padrón como escolante e en Vilagarcía como empregado dun almacén. En 1917 trasladouse a Madrid a cumprir o servicio militar e entrou en contacto co ambiente dos debuxantes gráficos, ao que se dedicou de volta a Galicia. En 1923 participou na Coruña nunha exposición con catro caricaturas e traballou no Faro de Vigo e en El Pueblo Gallego, onde se encargaba dunha viñeta satírica diaria. Seguindo a súa etapa formativa, en 1926 a Deputación de Pontevedra concedeulle unha bolsa que lle permitiu matricularse nunha academia de pintura de París, visitar museos e acercarse ao panorama das vangardas abstractas e figurativas e ás formas de pensamento ideolóxico do período de entreguerras.

En 1931 instalouse definitivamente en Galicia: en Vigo e sobre todo en Santiago, onde realizou a súa primeira exposición individual, na que alternaban guaches e debuxos expresivos e populares co expresionismo dos primeiros óleos. A guerra civil afectouno profundamente e recluíuse nun misterioso e improductivo illamento, roto en 1945 ao sentir de novo a inquietude creadora. É a época da plenitude, de equilibrio entre a expresión e a técnica, de obras tan espléndidas como “A cacharreira”, “Dúas paisanas”, “Costureira”, etc. Todo este novo impulso truncouse en 1958, ano no que morreu en Santiago. Carlos Maside, que foi director artístico da editorial Galaxia no momento da súa fundación, en 1951 publicou o seu único escrito, o ensaio breve En torno a la fotografía popular. Luís Seoane, Rafael Dieste e Antonio Baltar decidiron que o museo que garda a obra e a documentación do Movemento Renovador da Arte Galega levase o seu nome.

Imaxe e texto de Sargadelos.com

Archivado en:Persoeiros Etiquetado con:faro de vigo, guerra, obras, Pontecesures, santiago, Vigo

Raimundo García Domínguez (Borobó)

9-10-2005 por Antonio Cortés 1 comentario

(1916-2003)
Profesión: Xornalista

Biografía: Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Na Guerra Civil forma parte do Exército Republicano, cae prisioneiro no 39 e cumpre o servizo militar en Marrocos.

A partir do ano 1940, Raimundo García comeza a súa traxectoria xornalística e colabora cos xornais El Español, Madrid, La Estafeta Literaria e as revistas Fantasía e Finisterre. No ano 1946 edítase o xornal La Noche, no que Raimundo García ou máis ben Borobó, alcume co que se fixo coñecido, publica os seus famosos artigos chamados «Anacos». Neste xornal ocupou todos os cargos até chegar á súa dirección, cargo que tamén desenvolveu no xornal O Correo Galego e o Chan.
Posteriormente, marcha a Madrid facéndose cargo da subdirección do 3 E, o primeiro xornal económico. Por último, entra como redactor xefe de Archivos na Axencia Efe, onde permanece até a súa xubilación.

Colaborou ademais en La Vanguardia, ABC, Informaciones, Pueblo, El Pais, e Blanco y Negro, entre outros.

Recibe no ano 1996 a Medalla Castelao, outorgada pola Xunta de Galicia, e no seguinte ano, o Madrigallego de Ouro. Ademais foi recoñecido co premio de xornalismo Roberto Blanco Torres, co premio da Fundación Otero Pedrayo polo seu mérito na comunicación e no ano 2003 o Concello de Boiro noméao Fillo Adoptivo da vila.

Obras principais: Cómpre salientar os seus artigos «O novelo dos anacos» e «Anacos», as comedias Duce, Duce, ¿Quién mató al Meco?, Elección Parcial, Aura e El complejo de Polícrates e as narracións e guións de cine Xoán Porreás, Tina e La Piñeira.

Archivado en:Persoeiros Etiquetado con:Borobó, Concello, guerra, obras, santiago, xunta

O colexio Infesta de Pontecesures participará no programa Voz Natura

9-10-2005 por Antonio Cortés Dejar un comentario

Durante este curso o Colexio Infesta de Pontecesures participará na novena edición do progama sobor do medio ambiente «Voz Natura».

Este ano o coidado do entorno e a prevención de incendios forestais serán o eixe do programa, que prestase en colaboración ca Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Archivado en:Educación Etiquetado con:Infesta, medio ambiente, Pontecesures, santiago

  • « Ir a la página anterior
  • Ir a la página 1
  • Páginas intermedias omitidas …
  • Ir a la página 499
  • Ir a la página 500
  • Ir a la página 501

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • DATOS DO COVID PUBLICADOS HOXE XOVES 4 DE MARZO
  • iViewpoint no Miradoiro do Pino Manso
  • APERTURA DE LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA EN 30 CATEGORIAS
  • DATOS DO COVID PUBLICADOS HOXE MERCORES 3 DE MARZO
  • ULTIMAS PRAZAS PARA 2 CURSOS DO TIC EMPRENDES – O TEU RURAL TEN FUTURO

Comentarios recientes

  • Manuel Iglesias en AVISO DE CORTE Ó TRAFICO NA TRAVESIA DOS MUELLES
  • Antonio en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • María José Magariños Magariños en Biografía de Elisardo Temperán Villaverde.
  • lampreadoulla en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • Antonio en Os socialistas preguntan polo uso que se lle vai dar á Nissan que se adicaba a Protección Civil.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

pp sábado Porto psoe iglesia concurso protección civil padrón Historia río ulla Pontevedra curso n-550 xunta festa fiesta Diario de Arousa Catoira Maneiro plaza valga tren Vigo la voz de galicia a ponte pleno BNG faro de vigo santiago lamprea ACP Vilagarcía correo gallego Ulla Angueira sar Pontecesures Concello Caldas tripartito fin de semana obras sabariz Campaña fútbol

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños