Margarita Carolina García Castro, Manuel Luis Álvarez Angueira, Cecilia Tarela Barreiro, Xosé Antonio Baliñas Pazos e Arturo Ferro González, concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures, presentan a seguinte moción para seren tratada na sesión plenaria do 25 de maio de 2009.
ORGANISMOS MODIFICADOS XENETICAMENTE (OMX)
Exposición de motivos:
Recentemente, varias empresas transnacionais teñen solicitado ensaios co millo transxénico ao Ministerio de Medio Amnbiente nos municipios galegos de Arzúa, Cahnatada, Mesía, Ribeira e Vilalba ao abeiro da normativa existente.
Non existe un coñecemento científico suficiente como para valorar axeitadamente as consecuencias da producción e uso de OXM e os seus derivados. Existen algunhas investigacións sobre as marxes de seguranza no tocante á dispersión de xenes nos ecosistemas, máis tamén nas probas de dispersión de sementes transxénicas teñen para os productores, establecendo relación de dependencia coas multinacionais productoras. Existe coñecemento suficiente sobre problemas de saúde que os productos obtidos de plantas modificadas xeneticamente poden ter nalgunhas persoas. Existe un grande coñecemento da incicdencia que o cultivo de plantas transxénicias ten sobre a diminución das bioversidade. En calquera campo de investigación é necesario respectar o principio de precaución. Isto é particularmente importante nun ámbito, o dos OMX, cunha relevancia social, sanitaria e ecolóxica tan evidente.
A manipulación xenética está inso da man dunha crecente mercantilización dos recursos xenéticos que pón en perigo a autonomía de decisión sobre os nosos sistemas productivos e a seguranza de alimentar o oligopolio dos mercados de sementes, agroquímicos e alimentarios; e tomando a nosa alimentación cada vez máis dependente dun feixe de grandes empresas transnacionais.
Por todo isto, e porque o BNG é unha jformación firmemente comprometida con desenvolvemento sostible do País.
Propoñemos ó Pleno da Corporación que aprobe o acrodo de DECLARAR O MUNICIPIO DE PONTECESURES COMO ZONA LIBRE DE TRANSX?NICOS e se acompañe das seguintes medidas:
1.Facer pública a oposición do noso concello ao cultivo e comercialización de todas as prantas modificadas xeneticamente e aos alimentos que con elas se elaboran.
2.Ditar as ordenanzas municipais pertinentes para que se declaren insalubres e nocivas non autorizables en ningunha parte do municipio.
3.Facilitar información e promover o debate público sobre os efectos que o cultivo e o consumo de transxénicos supón para a saúde.
4.Asumir o compromiso de que nos establecementos dependentes do co concello, non se consuman alimentos que leven este tipo de organismos modificados xeneticamente.
5.Solicitar ao Consello da Xunta de Galicia que inicie os trámites normativos necesarios para conseguir que Galiza sexa un dos territorios da UE libre de cultivos transxénicos.