Menos de una decena de barcos salen a faenar en el primer día de campaña de la lamprea.

Los valeiros salieron ayer a echar las nasas en el río Ulla.

Menos de una decena de embarcaciones salieron ayer a faenar, en el primer día de campaña de la lamprea que se desarrollará hasta abril. El nuevo presidente de la asociación cree que las malas expectativas sobre el caudal del Ulla hicieron que no saliesen todos los valeiros con barcos autorizados.

El máximo responsable del colectivo, Antonio Pesado, que fue elegido hace unos días, manifestó que ??fai falla que choiva un pouco máis? para que todos los pescadores con permiso para emplear la nasa-butrón, con que se captura este pez, se animen a echar sus aparejos al río.
Pesado calcula que el primer día de la campaña salieron 6 o 7 barcos, de los 16 que pertenecen a la Cofradía de Carril, y otros cinco que son de la de Rianxo, de la cual desconocía, con exactitud, cuántas podían haber echado los instrumentos.

Todos los valeiros que ayer trabajaron en el Ulla, acudirán hoy a ver sus nasas para comprobar si se ha conseguido alguna pieza. Pero ??esto é unha lotería?, explicó Pesado ??pois viaxan en grupo e cando pasan todas e cando se capturan algunhas. Porque, por exemplo, se van subindo 1.000 poden caer seis ou sete?. Además está el problema de que el río tiene poco caudal, ??entón o peixe vai a flote, máis ben cara á superficie, e non caen porque as nasas están no fondo?.

A pesar de todo, el presidente de la asociación prefiere ser optimista con los resultados que se puedan obtener durante esta campaña que se desarrollará hasta el mes de abril.

Contaminación > Lo que más preocupa a Pesado es la ??continua? contaminación que dice se registra en el Ulla y que daña gravemente sus recursos, entre ellos especies como la lamprea. El máximo responsables criticó duramente la actitud de las administraciones competentes al respecto. ??Cada dous por tres aparecen peixes mortos no río e a Xunta sábeoo pero non fan nada. As empresas pola súa parte prefiren pagar as multas que son irrisorias e seguir verquindo. Temos levado ós técnicos para que vexan os desagües polos que botan todos os residuos, toman mostras e xa está?. El nuevo presidente quiso hacer un llamamiento al conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, ??porque nos últimos tempos dixo que as industrias ían pagar por estes episodios pero todo segue igual?.

Pesado encara los próximos cuatro años con ilusión, aunque ya había sido presidente en varias ocasiones anterioremente. Además, lleva toda la vida dedicándose a la pesca, ??dende os 15 anos cando saía cos meus pais e os meus avós?, aunque ahora los tiempos han cambiado y está pendiente de las normativas europeas que se dicten sobre la pesca y sus consecuencias.

DIARIO DE AROUSA, 03/01/09

A ledicia de cumprir cincuenta anos xuntos en Cordeiro

Os cinco matrimonios homenaxeados recibiron uns agasallos de mans do párroco.

A parroquia valguesa de Cordeiro foi escenario o pasado domingo dunha celebración moi especial xa que cinco matrimonios celebraron de maneira conxunta as súas vodas de ouro, ou o que é o mesmo, cincuenta anos xuntos.
Eran as doce do mediodía cando comezaba a celebración eucarística. O que para algúns foi unha misa máis, para cinco familias de Cordeiro foi unha xornada especial posto que cinco matrimonios quixeron aproveitar a conmemoración do día da Sagrada Familia para celebrar de maneira conxunta as súas vodas de ouro.

Ramón Pereira e Ramona Rodríguez, José Castromán e Candelaria López, Ramón Bandín e Felicitas Pardal, Francisco Conde e Inés Bouzón, e José Luis Cerneira e Ramona Feijóo foron os protagonistas dunha festa na que, aínda que non houbo intercambio de alianzas, si que primou o protagonismo destes cinco matrimonios, que quixeron compartir con toda a comunidade parroquial a celebración eucarística.

Agasallos.
Pero todos e cada un dos cinco protagonistas do evento foron obsequiados ao remate da celebración cunha pequena lembranza que lles entregou o párroco, don Xesús Pazos García, e o Padre Luis Amor, que foi o encargado de presidir a celebración eucarística o pasado domingo, que ademais coincidía coa festividade do Día dos Inocentes.

Aínda que algunhas das parellas xa festexaran de maneira individual este importante acontecemento, todos quixeron xuntarse para esta ocasión especial e así celebrar tamén o Nadal con todos os membros das súas familias.

O ritual eucarístico rematou, como non podía ser doutro xeito, cun forte aplauso por parte dos parroquianos asistentes á última misa dominical.

DIARIO DE AROUSA, 02/12/08

A Asociación Veciñal de San Xulián solicita un paso de peóns dende o Camiño de San Xulián ata a Rúa do Pilar.

Comunicou a xunta executiva de dita asociación ao concello, que a asamblea xeral, con data 17/10/08, acordou solicitar este paso.

Xa espliquei no pleno e nos medios de comunicación, que, proximamente, a Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra vai sinalizar dito paso. Para isto vai construir unha berarrúa paralela o talud sobre a actual beiravía saíndo da Rúa do Pilar. Pintarase o paso de peóns fronte á esqueira recentemente construida dende o Camiño de San Xulián ata a rúa José Novo Núñez. Este paso levará un semáforo en ámbar de protección e unhas bandas previas na calzada.

Carta de felicitación do Club Náutico aos colaboradores coa institución.

A Dirección do Club Náutico de Pontecesures quere agradecer a enorme esforzo que sen dúbida realizades con esta entidade deportiva. Vos sodes os verdadeiros impulsores da actividade náutica desta comarca, posto que sen a vosa colaboración, toda a nosa ilusión e compromiso non sería suficiente para desenvolver o traballo que facemos tódolos días do ano.
Neste momento que estamos a vivir, sen dúbida complicado para todos, o voso compromiso é unha mostra exemplar de solidariedade con Club Náutico Pontecesures e con tódolos nenos e persoas que disfrutan desta actividade náutica. Saber que valorades esta actividade deportiva e o esforzo que cada día facemos por ter algo neste pobo do que todos se sintan orgullosos supón, sen dúbida, unha grande satisfacción para todos os que integramos esta realidade deportiva.
Pese as dificultades que estamos atravesando, sólo polo voso apoio e pola ilusión dos rapaces, loitaremos día a día para seguir facendo un Club Náutico Pontecesures como ata o de agora:

Para todos e cunha única linguaxe: «O Deporte».

Polo voso esforzo, e porque o merecedes, dende a Dirección do Club Náutico de Pontecesures queremos dexesarvos para vós e as vosas familias un ano 2009 che de saúde e alegría.

FELIZ 2009
A XUNTA DIRECTIVA

Adxudicada a obra de saneamento en Carreiras.

Na Xunta de Goberno que tivo lugar o día 22 de decembro, foi adxudicada a obra de ??Saneamento en Carreiras?, que ten un importe de 10.647,91 ? dos que a Deputación de Pontevedra, con cargo ao Programa de Obras de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos 2008, achega 7.985,93 ?.

Nesta obra vaise substituir una vella canalización de augas fecais no interior do lugar de Carreiras que está a crear poblemas con atascos frecuentes. En concreto vanse colocar 57 metros lineais de tubaría de 250 m/m con cinco acometidas novas a vivendas. Tamén serán recollidas a augas pluviais.

As obras comezarán no mes de xaneiro de 2009.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de Relacións Institucionais

A mellor música e as mellores voces do 2008.

Todos os participantes conseguiron facer as delicias do público.

O Auditorio de Cordeiro foi o escenario que elixiron a Escola Municipal de Música de Valga e a Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro para despedir o ano de maneira conxunta.
O mellor xeito de dicirlle adeus a un ano no que as dúas formacións seguiron a ofrecer o mellor dos seus repertorios era deleitar cun concerto no que as dúas agrupacións tiveron moito protagonismo.

Por unha banda, as mellores voces do Concello concéntranse na masa coral. A actuación da pasada tarde estivo centrada no repaso dos seus xa grandes clásicos, temas que xa son parte da súa identidade como formación vocal.

No tocante á Escola de Música, houbo algunha que outra sorpresa coa que nun principio non se contaba (posto que non aparecía reflexado no programa que o Concello enviou ás casas de todos os veciños): A Banda Peque e tamén a participación do Coro da Escola de Música.

Actuacións > Os pequenos que subiron ao escenario demostraron coa súa participación que a Banda Municipal ten unha máis ca boa canteira xa que souberon defenderse como se formasen xa parte da agrupación principal. No tocante á intervención do coro, os que nunca tiveran a oportunidade de escoitalos quedaron abraiados coas grandes voces que se están a xestar no seo da Escola. Quizais xa hai de quen pensa en fichar a algunha das sorprendentes voces para as mellores orquestras galegas ou, quen sabe, para as vindeiras edicións de Operación Triunfo, pero tempo ao tempo.

O colofón final púxoo a actuación conxunta da Banda Municipal e a Escola. O que a simple vista puido parecer complicado, ao final causou a impresión no público de que estaban nun concerto da Orquestra e o Coro de RTVE.

DIARIO DE AROUSA, 29/12/08