A mellor música e as mellores voces do 2008.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Todos os participantes conseguiron facer as delicias do público.

O Auditorio de Cordeiro foi o escenario que elixiron a Escola Municipal de Música de Valga e a Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro para despedir o ano de maneira conxunta.
O mellor xeito de dicirlle adeus a un ano no que as dúas formacións seguiron a ofrecer o mellor dos seus repertorios era deleitar cun concerto no que as dúas agrupacións tiveron moito protagonismo.

Por unha banda, as mellores voces do Concello concéntranse na masa coral. A actuación da pasada tarde estivo centrada no repaso dos seus xa grandes clásicos, temas que xa son parte da súa identidade como formación vocal.

No tocante á Escola de Música, houbo algunha que outra sorpresa coa que nun principio non se contaba (posto que non aparecía reflexado no programa que o Concello enviou ás casas de todos os veciños): A Banda Peque e tamén a participación do Coro da Escola de Música.

Actuacións > Os pequenos que subiron ao escenario demostraron coa súa participación que a Banda Municipal ten unha máis ca boa canteira xa que souberon defenderse como se formasen xa parte da agrupación principal. No tocante á intervención do coro, os que nunca tiveran a oportunidade de escoitalos quedaron abraiados coas grandes voces que se están a xestar no seo da Escola. Quizais xa hai de quen pensa en fichar a algunha das sorprendentes voces para as mellores orquestras galegas ou, quen sabe, para as vindeiras edicións de Operación Triunfo, pero tempo ao tempo.

O colofón final púxoo a actuación conxunta da Banda Municipal e a Escola. O que a simple vista puido parecer complicado, ao final causou a impresión no público de que estaban nun concerto da Orquestra e o Coro de RTVE.

DIARIO DE AROUSA, 29/12/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.