Selección de administrativo para o obradoiro de emprego.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

DocumentosNOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

Seguindo coa información relativa á selección do persoal do obradoiro de emprego de Pontecesures infórmase que a petición do Grupo de Traballo Mixto vaise facer nos próximos días por parte da Oficina de Emprego de Vilagarcía a sondaxe para enviar candidatos/as para o posto de administrativo do obradoiro.

Os requisitos do desempregado que se vai contratar e contar co título de Técnico Administrativo de Grado Superior con 12 meses de antigüidade nos derradeiros 5 anos ou, senón se conta co título, ter 24 meses de antigüidade non derradeiros 5 anos.

Os candidatos que envíe a Oficina de Emprego serán avaliados polo Grupo de Traballo Mixto despois de realizar as probas oportunas ata decidir o que se vai contratar.

Faise un chamamento a tódalas persoas que aspiren á plaza, de que se interesen polo tema na Oficina de Emprego de Vilagarcía co fin de actualizar datos, sobre titulación ou experiencia.

Pontecesures, 23 de novembro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.