O encontro vaise disputar mañá xoves, dia festivo, a partires das 18 h. no polideportivo de Lalín. O Extrugasa leva unha renda de 18 puntos, logo de gañar en Pontecesures por 67 a 49. O equipo pode contar con algunha baixa, polo que 3 xuvenís viaxarán cos maiores para non ter problemas de xente. De todolos xeitos os 18 puntos deberían de bastar para afrontar esta volta da eliminatoria ca suficiente confianza, que non relaxación,  para pasar ás semifinais da copa.