El Concello de Pontecesures cuenta con un nuevo arquitecto

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

El Ayuntamiento de Pontecesures cuenta desde la semana pasada con un nuevo arquitecto municipal, Jorge Duarte Vázquez,
Esta contratación fue posible después del acuerdo adoptado por la Xunta de Goberno Local el 7 de agosto, firmándose un contrato de asistencia técnica.

El nuevo gobierno del concello se encontró «con un problema» cuando tomó posesión, pues no disponía de técnico municipal porque la anterior arquitecta había renunciado al puesto, de ahí que el tripartito tuviera que hacer gestiones para contar, en el menor tiempo posible, con un profesional para el servicio de Obras y Urbanismo.

Ahora la voluntad del equipo de gobierno es agilizar todo el trámite administrativo referente a las solicitudes de licencias de obras de particulares y no demorar más todo el trabajo que pueda estar pendiente y resolverlo lo antes posible, evitando así el malestar de los que reclaman este servicio en el municipio. Desde el ayuntamiento confiesan que hay bastante retraso en las tramitaciones por el problema apuntado, y así fue denunciado por los interesados en varias ocasiones. Ahora, con el nuevo técnico, se espera que el problema se vaya solucionando y se realice todo el trabajo atrasado en el menor tiempo posible.

FARO DE VIGO, 15/08/07


13 comentarios

laranxa · 17-08-2007 a las 22:35

Como a noticia publicada no xornal é pouco aclaratoria,¿alguen podería aclarar como se fixo a selección do Arquitecto?¿foi por concurso-oposición?¿por concurso?¿houbo tribunal seleccionador independente?…!!alguen debería aclaralo!!…

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-08-2007 a las 23:41

Este arquitecto non ten relación laboral co concello e, lóxicamente, non houbo selección de persoal. Ten un contrato de asistencia técnica (contrato administrativo) e cobra o seu traballo con facturas mensuais ó concello nas que se inclúe o IVE e hai un desconto por IRPF. O sexa, o arquitecto esta dado de alta e factura como calquera profesional.
Este contrato de asistencia técnica foi decidido pola Xunta de Goberno Local con arreglo á normativa dos contratos administrativos (contrato menor en razón da contía). O que resultou tremendamente dificultoso foi atopar un arquitecto/a para este cometido. Dende hai tempo estabamos sen técnico e iso estaba a seren moi prexudicial para o funcionamento do concello

laranxa · 18-08-2007 a las 11:17

Aclarado o tipo de contrato pero as miñas preguntas non foron respostadas.¿como se fixo a selección?¿fixose publicación da demanda?¿houbo mais dun candidato?…Anque se trate dun contrato de asistencia ou de outro tipo ten que haber unha publicidade,oferta…A iso me referia.

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-08-2007 a las 11:35

Sei que se fixeron varias xestións infructuosas e foi moi dificil atopar un arquitecto que lle interesara realizar estes traballos. O que podes facer «laranxa» e achegarte as oficinas do concello e comprobar o expediente desta asistencia técnica, a normativa dos contratos administrativos e o procedemento de selección do contratista nos contratos menores.

laranxa · 19-08-2007 a las 23:11

¨¿Ã? tan dificil contestar as preguntas tan sinxelas?…Repito o do contrato esta claro.Por outra banda,xa sei que podo consultar o expediente,tamen sei o significado do termo «moi dificil»,xa sei moitas mais cousas é xa sei tamen que vostede non quere respostar.!ah! recordolle que non todos dispoñemos da mañan para consultar expedientes do Concello por que temos que traballar.Se vostede emprega este medio para informar,informe e senon abteñase.

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-08-2007 a las 10:00

Como se estimou mellor para os intereses municipais contar cun arquitecto superior (perante moito tempo no pasado houbo un aparellador) para a oficina técnica municipal o antes posible, fixéronse moitas xestións para atopar un profesional en varias zonas además da nosa (Pontevedra, O Salnés, A Coruña, Santiago) a través doutros arquitectos e incluso da empresa que redactou o PXOM no seu día, e así, mediante un contrato administrativo, asinouse unha asistencia técnica co único profesional que lle interesaba dos varios que se falou. Isto é completamente legal pois ó tratarse dun contrato menor en función da contía para seleccionar o contratista non é necesario facer anuncios e así comezar a prestación canto antes pola urxencia que había despois de tanto tempo sen técnico. Se fora unha contratación laboral isto non se podería facer.
Esta asistencia técnica é temporal, e nun futuro próximo decidirase o que correponda en relación con estas funcións técnicas. De decidirse pola contratación laboral respetaranse os principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade como dispón a normativa.
Non é cuestión agora de debater sobre a materia de contratación no dereito administrativo. Senón podes consultar o expediente polas mañás dos días laborais, podes consultalo os sábados, «laranxa». Non tes máis que avisar no concello para teren os documentos preparados

Tuso · 20-08-2007 a las 21:38

Resumindo, e como é bastante habitual: ¿»A dedo» pero «todo legal»?

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-08-2007 a las 22:40

Legal por suposto,»Tuso». Está todo explicado en relación cos contratos administrativos de asistencia técnica e a selección dos contratistas nos chamados contratos menores. Naturalmente respecto a túa opinión, pero de coñecerse máis arquitectos superiores interesados se houberan feito máis consultas, claro.

laranxa · 21-08-2007 a las 23:34

Os contratos menores tamen se rixen polos principios de: publicidade, mérito, igualdade e capacidade,a parte doutras condicions;alomenos normativamente falando… outro tema é o seu emprego na practica.

Paspallas · 21-08-2007 a las 23:43

Os enchufes «maiores» foron os do BNG de Angueira, non sei se meteron arquitectos a dedo, pero o Xurxo, a muller deste, a irmá, o Tacón o de TX motor, o cuñada, a irmá…., outros familiares….buf, que queredes que vos diga, ….

souto · 22-08-2007 a las 08:58

Como eu descoñezo este tema, e dado que os postos de traballo son públicos, gustaríame que se explicase o procedemento dun a un. Así saberemos se os enchufes «maiores» está xustificados.
Unha pregunta, ¿houbo procedemento aberto para as contratacións de que fala paspallas?

Tuso · 22-08-2007 a las 10:10

Eu non digo que neste caso en concreto houbera enchufismo nin fora a dedo, porque non o sei. O que si é que son tan desconfiado con estas cousas tanto agora como fai un ano.

Extráñame que nas oficinas do paro no estean inscritos profesionais deste tipo para chamalos (sorte que teñen se é así).

Extráñame que se pos un anuncio ou te pos en contacto cos responsables da escola de arquitectura non teñan xente para escoller a un.

Hoxe en día creo que non ten sentido querer xustificarlle a alguén «de a pe» que algo está ben feito porque é legal. Mais que nada porque hai que ter en conta que as leis, regulamentos e normativas moitas veces as redactan os propios políticos, e xa se cuidan entre eles de cubrirse as espaldas «legalmente».

Como ben dixo alguén anteriormente, a maioría dos cidadáns non temos tempo, nin cartos nin moitas veces coñecementos para andar comprobando expedientes nos concellos, etc…

basta · 22-08-2007 a las 17:32

As irregularidades do presente teñen que ser xulgadas de forma individual e nunca utilizando como baremo as do pasado. Xustificar erros pequenos de agora, con garrafadas de onte, é volver ao mesmo círculo vivioso.
Mal empezan os defensores do ben justificandose no mal.
O BNG pagou con fartura os seus erros, cometelos ou parecer que os cometeu, non vou ser eu o que o xulgue, en todo caso houbo erros.
Pagounos co insuficiente respaldo electoral para seguir no poder, e coa suficiente confabulación das demais forzas políticas.
Agora tócalle a éstes demostrar o significado das palabras transparencia, honradez, que foron nas que se xustificaron para levar a cabo tremenda fazaña. Adiante, e espero xúlguense na súa definición, non no pasado.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.