A xestión dos residuos sólidos urbanos, tanto pola súa incidencia no ámbito hixiénico-sanitario, como no impacto visual e medioambiental que produce o seu depósito, estase a converter nun dos maiores problemas para os veciños de Pontecesures.

É certo que a maioría dos veciños son respectuosos co medio ambiente e cumpren coas normas establecidas da separación e depósito dos residuos, pero sempre hai algúns que de xeito incívico mesturan os residuos, depositannos no contedor que non lle corresponde, fanno fora dos horarios establecidos ou deixan mobles, colchóns, trebellos ou restos de materiais de construcción ó pé dos contedores sen avisar previamente e calquera día da semana.

Solicítase axuda para manter un Pontecesures máis limpo e máis respectuoso co medio ambiente, lembrando as seguintes normas:

Fracción orgánica.

  • ¿Qué é a fracción orgánica?. Restos de comida, crúa ou cociñada. Tamén follas e restos de poda.
  • ¿Onde deposito a fracción orgánica?. No contedor pequeno de tapla verde.
  • ¿Cómo se recicla?. A planta de Lousame leva elaborado 3.000 t. de compost, un produto beneficioso para os solos. Máis da metade dos residuos que producimos a diario son restos orgánicos.

Fracción inorgánica.

  • ¿Qué é a fracción inorgánica ou “resto?. Envases plásticos, latas, tetabricks, téxtiles, louza rota, etc..
  • ¿Onde deposito a fracción “resto”?. No contedor de tapa amarela.
  • ¿Cómo se recicla?. Os diferentes plásticos e metais selecciónanse na planta para transformalos en novos envases. No 2006 enviáronse a reciclar 3.600 t. de envases.

Papel-cartón.

  • ¿Qué se considera papel-cartón?. Xornais, caixas, libros, revistas..
  • ¿Onde deposito o papel-cartón?. No contedor azul.
  • ¿Cómo se recicla? Elabórase papel reciclado. Por cada tonelada de papel reciclado sálvanse 24 árbores, afórranse 24.000 l. de auga e 4.100 kw/h de corrente eléctrica.
  • ¿Canto papel separamos no Barbanza?. No ano 2002 recolléronse 750 toneladas de papel-cartón. No ano 2007 xa se recolleron 1.500 toneladas.

Vidro.

  • ¿Qué se considera vidro?. Botellas de cristal, tarros, botes..
  • ¿Onde deposito o vidro?. No contedor iglú verde
  • ¿Cómo se recicla?. Elabóranse noivos envases de vidro. Por cada tonelada de vidro reciclado afórranse 1.200 kg. de materias primas e 135 kg. de fuel.
  • ¿Canto vidro separamos no Barbanza?. No ano 2002 recolléronse 550 toneladas de vidro. No ano 2007 xa se recolleron 1.400 toneladas.

Lembra.

  • Deposita as pilas usadas nos contedores específicos (pequenos e amarelos adheridos ao de papel-cartón).
  • Deposita os medicamentos fora de uso no punto SIGRE das farmacias.
  • Deposita o lixo entre as 20 e as 22 horas.
  • Para a recollida de mobles, colchóns, trebellos, etc. chama antes de depositalos ao 639-107638 en horario de 11 a 13 horas, para que che digan o día, hora e lugar de depósito.
  • Os electrodomésticos vellos entrégaos na túa tenda habitual ou chama ó teléfono de recollida de mobles e trebellos.