?ltima hora: o Extrugasa Río Ulla ascende a 1ª división senior zonal de baloncesto

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Por 66-60 e nun emocionante encontro, o equipo cesureño venceu ó Motobazar Mc Donalds de Vilagarcía de Arousa, na segunda semifinal da final a catro da 2ª división zonal que rematou hai poucos minutos no pavillón municipal de Pontecesures.
Na primeira semifinal La Noche Baloncesto de Portonovo gañou á Cafetería do Manuel de Cuntis por 94-78 e tamén acadou o ascenso.
Mañá o Extrugasa Río Ulla e o La Noche Baloncesto de Portonovo disputarán a final ás 18:30 horas no pavillón municipal.
Hai que destacar que houbo unha gran entrada no pabillón con moito ambiente (nenas animadoras, aparellos acústicos nas gradas e moitos berros de ánimo da afección local ós seus xogadores). ? remate do encontro houbo una explosión de xúbilo pola victoria.
Os integrantes do equipo cesureño foron felicitados na propia cancha pola alcaldesa e polo concelleiro de deportes. Antes, entregaron medallas ós xogadores/as das divisións inferiores do club pola gran tempada realizada.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.