O campión foi o La Noche Baloncesto de Portonovo que gañou por 56-48 no partido disputado esta tarde no polideportivo cesureño. Ámbolos dous equipos ascenderon, e xogarán na vindeira tempada no grupo A do Campeonato Senior Zonal da Federación Arousana de Baloncesto.
Como no día de onte houbo moito público e un gran ambiente no pavillón.