En Valga o Centro de Dinamización formou a 39 persoas durante o mes de outubro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, a través da aula de informática do Auditorio Municipal de Valga, formou durante o mes de outubro a un total de 39 persoas, que foron as que participaron nos sete obradoiros de novas tecnoloxías que se realizaron nese período e que tiveron unha duración global de 46 horas.
As actividades formativas que se realizaron no pasado mes estiveron relacionadas co manexo do rato e do teclado ­temática que centrou tres cursos­, iniciación á informatica ­con outros tres obradoiros­ e aprender a crear e utilizar unha conta de correo electrónico. Ademais, quince persoas inscribíronse en outubro como novos usuarios da rede para poder acceder de xeito gratuito á súa aula aberta, que foi utilizada nun total de 332 ocasións.

DIARIO DE AROUSA, 18/11/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.