Ante as informacións publicadas sobre a débeda dos concellos á antiga ADR Ulla-Umia (Valga, Moraña, Catoira, Portas, Caldas, Cuntis e Pontecesures) que desenvolveu no pasado o programa Leader+, e que impiden amortizar o préstamo concertado pola asociación con Caixanova para facer fronte ás obrigas económicas do proxecto, infórmase que o Concello de Pontecesures non adebeda cantidade algunha. Con data 28/12/09 ingresouse a cantidade de 2.819,20 euros que era a liquidación pendente.
O Concello de Pontecesures non adebeda cantidades á extinguida ADR Ulla-Umia.
Esta entrada fue publicada en Concello y clasificada en caixanova, Catoira, Concello, Pontecesures, Ulla, valga. Guarda el enlace permanente. Los trackbacks están cerrados, pero puedes publicar un comentario.