O alcalde de Pontecesures non vai convocar aos grupos da corporación para tratar a problemática do club de fútbol.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ante o escrito presentado por este concelleiro, o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira, contestou mediante escrito de data 28/02/12, o seguinte:

«En resposta á súa solicitude presentada neste concello o día 22 de febreiro (rexistro de entrada nº 325) no que solicita, en virtude da súa condición de concelleiro, unha xuntanza de todos os grupos desta corporación para infomar sobre as xestións realizadas polo goberno municipal en relación coa problemática sobre aspectos organizativos no Pontecesures; esta alcaldía infórmalle:

1. Que o Pontecesures C.F é unha asociación deportiva legalmente constituída, cos seus socios, a súa xunta directiva e os seus estatutos. Se teñen algún tipo de problemática teráno que resolver eles internamente.
2. Que o Concello de Pontecesures tenlle cedida a utilización do campo de fútbol municipal Ramón Diéguez e o pavillón polideportivo ao Pontecesures C.F, así como un monitor titulado de fútbol contratado polo concello. A esta alcaldía cónstalle o bo funcionamento deste club tanto no apartado de resultados deportivos como no do número de fichas federativas (sendo este último un aspecto ao que lle damos moita importancia).
3. Polo tanto, atendendo ao exposto nos apartados 1 e 2, esta alcaldía non ten intención de convocar ningunha reunión cos grupos da corporación para tratar un asunto que, en todo caso, non é de competencia municipal»

Ademais das respostas obvias en canto ao funcionamento da asociación á marxe da institución municiipal, o alcalde non fai referencia ás xestións realizadas no labor mediador solicitado por un grupo de pais dos nenos nunha xuntanza, aínda que manifesta que o Pontecesures C.F. ten un bo funcionamento a nivel de resultados valorando o número de fichas sen entrar noutros temas.

Pois ben; só queda esperar o discorrer dos acontecementos co desexo deste concelleiro de que todo quede solucionado para ben do deporte local e dos rapaces.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


1 comentario

Tiroliro II · 2-03-2012 a las 19:55

Por moito que o neguen aqui hai un follon como un mundo, a presidenta do futbol non quere saber nada dos disidentes, e o concello con Roque e o alcalde tapando, cando se destape todo vai mandar carallo a algun vaille estallar todo nos peteiros

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.