ESTE VENRES ASAMBLEA DO CLUB BALONCESTO RIO ULLA

Publicado por fru en

(CONVOCATORIA ABERTA A XOGADORES/AS, NAIS E PAIS E AFECCIONADOS/AS EN XERAL)

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Rosa Mª Cascallar Potel, Presidente do CLUB BALONCESTO RIO ULLA, convoca á Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o venres día 15 de xuño de 2012 ás 20:15 horas en primeira convocatoria, e ás 20:30 en segunda, no Centro Social de Pontecesures, sito no Camiño a s. Xulián nº 4, co seguinte Orde do Día:

Primeiro.- Informe Deportivo 2011-12..

Segundo.- Informe de Tesoureira:

– Peche Definitivo das Contas da Tempada 2010-11.

– Avance do Peche das Contas da Tempada 2011-12

Terceiro.- Rogos e preguntas.

Á conclusión da Asemblea Ordinaria, no mesmo lugar convócase unha

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Orde do Día:

1.- Renovación dos cargos da Xunta Directiva.

Aquelas persoas en formar parte dunha nova Xunta Directiva poderán presentar a súa candidatura. En caso de que exista mais de 1 candidatura, procederase a votación a man alzada para elección da nova Xunta Directiva que rexerá os vindeiros 4 anos deste club.

En Pontecesures, a 07 de xuño de 2012.

Asdo.- Rosa Mª Cascallar Potel

Presidenta do CLUB BALONCESTO RIO ULLA


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.